O Vicedo, 23 de setembro, 2025. O Teatro das Cortes, situado no lugar do Xestoso (Cabanas), O Vicedo, ven de celebrar o segundo aniversario de funcionamento continuado, un tempo que lle serviu para se converter en referencia única para a cultura galega no espazo comprendido entre Ferrol e as terras eo-naviegas.
Con este feliz motivo, a Asociación Cultural Volta e Dálle comprácese en informar da organización dunhas Xornadas de portas abertas a celebrar durante catro días: de xoves 26 a luns 29 de setembro. En horario de 5 a 8 da tarde e coa colaboración do xornalista Marco Pereira, o público terá a oportunidade de visualizar as instalacións da granxa reconvertida en teatro e de coñecer “in situ” as liñas xerais da programación cultural en oferta, ao tempo que poderá visitar dúas exposicións: Castelao sempre en Galiza (1944-2025), no interior; e no exterior a do Bosque de Valores, dentro do Espazo da Identidade Cultural Galega dirixido por Eduardo de Martís.
Aínda que se trata dunhas actividades de acceso libre e gratuíto, por motivos organizativos faise necesario realizar unha inscrición previa ben no correo voltaedalle@gmail.com ou no whatsapp do número 686 48 38 84






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



