A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello de Barreiros colaboran na organización da proba, na que participarán persoas usuarias da Fundación Eu Son e Prodeme
Barreiros, 23 de setembro de 2025. Barreiros acollerá o vindeiro 2 de outubro a primeira das probas da XIII Marcha Ciclista Unificada que organiza Special Olympics Galicia, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello de Barreiros.
A marcha, cun percorrido de 19 quilómetros polo concello barreirense, reunirá deportistas de colectivos do apoio a persoas con capacidades diferentes -Fundación Eu Son, Prodeme, AS Burgas, Aspas, Con Eles e San Francisco – e de clubs ciclistas – CC Xiabre e CC Monforte -, visibilizando o deporte como un espazo de inclusión e convivencia. A organización agarda a participación de 44 persoas, tendo en conta tamén o persoal de apoio.
O presidente de Olympics Galicia Eladio Fernández explicou que “organizamos para que a sociedade vexa as posibilidades que teñen as persoas con discapacidade intelectual se contan cos medios e recursos para levar a cabo os seus proxectos, deportivos ou de vida” e presentou a proba como “un día de integración, de ilusión e de convivencia, no que participan persoas con e sin discapacidade”.
O deputado de Mocidade Daniel García -tamén concelleiro de Participación de Dinamización Veciñal – reiterou o “compromiso da Deputación de Lugo con Special Olympics Galicia, que amosa os auténticos valores de deporte” e detallou que “o circuíto, de 19 quilómetros, comparte treitos coa etapa da Volta a Galicia” recentemente celebrada en Barreiros.
A alcaldesa Ana Ermida agradeceu a elección de Barreiros para celebrar a proba “é: un orgullo qeu se cleelbre unha cita deste tipo aquí. Vimos de celebrar unha volta competitiva como a Volta a Galicia, pero sabemos que o importante do deporte e das carreiras non é gañar, se non chegar a meta, e ir derribando barreiras polo medio. E as administracións temos que estar nese camiño”
O acto contou tamén con persoas usuarias da Fundación Eu Son que participarán na proba e da alcaldesa de Burela e presidenta da Fundación Carmela López que destacou a contribución da entidade “a derribar barreiras”. “Gracias a todas esas familias en Burela e en toda a comarca, temos normalizado que hai persoas con capacidades diferentes”.
O xefe de Deportes da Xunta de Galicia Manuel Otero, que interviu tamén no acto, destacou “ as sinerxias entre administacións” para celebrar a proba e parabenizou a Special Olympics Galicia pola iniciativa.
Barreiros abre o calendario da XIII Marcha Ciclista Unificada, que continuará con tres probas máis, en Pereiro de Aguiar, Santiago de Compostela e Vilargarcía de Arousa























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.

