O proxecto inclúe a construción da nova depuradora de San Miguel de Reinante, a reconversión das EDAR de Santiago de Reinante e de Sarxende en senllas estacións de bombeo de augas residuais e colectores e impulsións
Madrid, 25 de setembro de 2025. O Consello de Administración da sociedade mercantil estatal Augas das Concas de España (ACUAES), do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, autorizou, na súa reunión de hoxe, o prego e a licitación do contrato de servizos de asistencia técnica para a elaboración do estudo de alternativas, os estudos ambientais e a redacción do proxecto construtivo do sistema de saneamento e depuración de augas residuais do municipio de Barreiros.
O orzamento de licitación do contrato ascende a 422.830 euros e o prazo máximo para a execución dos traballos é de 10 meses.
O obxecto do prego aprobado é definir o alcance e as condicións técnicas e organizativas que deberán rexer os traballos para a elaboración do proxecto construtivo para a súa tramitación ata a súa aprobación, que guiará a posterior execución das obras.
En concreto, as obras para definir consistirán principalmente na construción da nova depuradora de San Miguel de Reinante e a reconversión das EDAR de Santiago de Reinante e de Sarxende en senllas estacións de bombeo de augas residuais (EBAR) que deriven o caudal excedente á nova EDAR, incluíndo un tratamento de sólidos e graxas previo ao bombeo e un tanque de tormentas para laminación de caudais en tempo húmido.
Proxectarase tamén a impulsión de augas residuais e un novo colector de gravidade para conducir o caudal das augas residuais vertidas na nova EBAR de Reinante á nova EDAR.
Estas actuacións, nas que se estima investir oito millóns (IVE excluído), van permitir atender as necesidades actuais en materia de depuración e saneamento de Barreiros e asegurar un desenvolvemento sostible do crecemento urbanístico do municipio e da súa contorna.
Para o desenvolvemento das obras será necesaria a firma dun convenio de colaboración entre ACUAES e o Concello de Barreiros no que se fixen as condicións para o financiamento, execución e explotación da actuación.






















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



