Nota de prensa
Os populares agradecen a cesión deste espazo propiedade da comunidade de montes desta parroquia cervense e convidan a todos os veciños a desgustar un suculento cocido servido por Cesáreo
O PP DE CERVO CELEBRARÁ UN XANTAR BAILE DE NADAL NO PAVILLÓN DE SAN ROMÁN
* Terá lugar o domingo 12 de decembro a partir das 15 horas.
* Xose Manuel Barreiro, Alfonso Rueda e Raquel Árias compartirán o xantar con veciños, afiliados e simpatizantes populares.
* A sobremesa estará amenizada coa actuación do grupo musical Vivarium
Cervo, 1 de decembro de 2010.- O Partido Popular de Cervo celebrará un xantar baile de Nadal no pavillón polideportivo de San Román. Terá lugar o domingo 12 de decembro ás 15 horas e xunto aos membros do Equipo de Goberno municipal está prevista a asistencia do presidente provincial do PP, Xose Manuel Barreiro, do secretario xeral do Partido Popular de Galicia e Conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e da Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Árias.
Os populares agradecen a cesión deste espazo propiedade da comunidade de montes desta parroquia cervense e convidan a todos os seus afiliados e simpatizantes, e aos veciños en xeral, a degustar un suculento cocido servido pola empresa de Cesáreo. Ademais a sobremesa estará amenizada coa actuación do grupo musical Vivarium.
Aqueles que estean interesados en acudir ao xantar baile poden adquirir as súas tarxetas nos establecementos hostaleiros habituais, ou contactando cos responsables da organización deste evento. Os populares queren despedir o ano 2010 coa mirada e esperanzas postas en revalidar a confianza dos cervenses no ano electoral que está por chegar e antes disto compartir xunto cos seus simpatizantes un espazo de confraternidade nestas datas festivas.



















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



