Nota de prensa
CERVO
O BNG DE CERVO PRESENTOU EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2011 POR 1,9 MILLÓNS DE EUROS
Estúa di que co voto de Balseiro e suficiente e pídelle ao concelleiro e parlamentar popular que o poña ao servizo dos seus veciños e veciñas
O dragado da presa de Rúa, a construción de vivenda social ou unha partida para a creación dunha escola infantil e a redacción do proxecto para o cinto industrial de AlCOA así como a recuperación e consolidación do Castro da Atalaia
Cervo, 1 de decembro de 2010. O BNG de Cervo presentou emendas aos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2011 por 1,9 millóns de euros que pretenden investimentos en materia de infraestruturas de abastecemento de auga, dotacións sociais e de vivenda, infraestruturas industriais e recuperación e consolidación do Castro da Atalaia. Os nacionalistas agardan o voto favorábel cara estas emendas do concelleiro e parlamentar cervense, José Manuel Balseiro, por tratarse de asuntos que son fundamentais para o concello de Cervo.
Dragar e limpar a presa de Rúa e fundamental para mellorar a calidade da auga e evitar o incremento do seu prezo.
O portavoz municipal do BNG de Cervo, Xoán Antón Estúa, deu a coñecer as emendas parciais presentadas para modificar partidas orzamentarias dos orzamentos 2011 da Xunta de Galiza na busca dun incremento no investimento público para o vindeiro exercizo orzamentario. Para Estúa “o PP non pode poñer escusas en aprobar a emenda para o dragado da presa de Rúa que a propia Delegada Territorial anunciou sen existir partida orzamentaria par a súa execución e que está avalada por acordos tanto dos plenos da corporación de Cervo e Burela”, “esta obra débese executar de inmediato por que así estaba recollida no proxecto inicial ou do contrario terá repercusións moi negativas na calidade e prezo da auga”
Vivenda social e unha escola infantil para asentar poboación no concello e mellorar a conciliación da vida laboral e familiar.
As últimas 15 vivendas sociais construídas en Cervo, executadas e adxudicadas pola anterior Consellaría de Vivenda e Solo, deixaron fora da lista final de adxudicación a 37 persoas que demandaban ter acceso a unha vivenda en propiedade ou aluguer a prezos accesíbeis de acordo co seu nivel de rendas. Estúa “lembrou a constante baixada do censo de poboación do concello de Cervo nos últimos anos” e dixo que “unha boa medida para asentar poboación no municipio e facilitar o acceso á vivenda e débense dar pasos neste sentido”. No mesmo campo social enmárcase a emenda presentada para un proxecto de creación dunha escola infantil no concello, os nacionalistas non se conforman co PAI e queren un servizo de maior calidade polo que demandan unha acción decidida para a posta en marcha dunha escola infantil. “O Punto de Atención Infantil de San Cibrao financiado en boa parte por axudas dunha área nacionalista da Deputación e insuficiente para concertar a vida familiar e laboral polo que debemos camiñar para mellorar ese servizo”, indicou Estúa, “que aproveitou para lamentar a demolición do edifico de infantil do Rivera Casas que sería un lugar perfecto e céntrico para situar ese servizo.”
Balseiro tamén terá ocasión de apoiar a redacción do proxecto para o cinto industrial de ALCOA, a recuperación e consolidación do Castro da Atalaia e outra para a reparación de danos causados polo Becky.
Os nacionalistas cenvenses tamén “agardan que Balseiro poña o seu voto ao servizo dos seus veciños e veciñas” apoiando as emendas presentadas para a “recuperación e consolidación do Castro da Atalaia”, a “redacción do proxecto para o cinto industrial de ALCOA” ou o incremento de partidas dedicadas a recuperar danos causados polo Becky e previr outros que se puideran darse no futuro na zona portuaria de San Cibrao.
















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



