Os deputados populares defenderán que a Deputación colabore técnica e economicamente con tódolos Concellos da provincia, de forma igualitaria, na xestión do ciclo da auga, ademais de asinar convenios, especialmente supramunicipais, financiando actuacións para dotar de servizos de abastecemento de auga e saneamento nos distintos municipios da provincia
Lugo, 29 de setembro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno de mañá que a Deputación de Lugo se implique na defensa e dotación de servizos básicos aos lucenses, tales como o acceso á auga potable e á mobilidade.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que, nunha das mocións, pedirase que a Deputación de Lugo cumpra coas funcións que lle corresponden de cooperar cos Concellos e garantir a prestación de servizos municipais. “A Deputación está para axudar a todos os municipios polo que entendemos que debe colaborar nunha materia imprescindible para os veciños e veciñas como o ciclo da auga”, sinalou.
A petición que defenderán os deputados populares consiste en que a Deputación colabore técnica e economicamente con tódolos Concellos da provincia, de forma igualitaria, na xestión do ciclo da auga, así como asinar convenios, especialmente supramunicipais, financiando actuacións para dotar de servizos de abastecemento de auga e saneamento nos distintos municipios da provincia.
Actuacións que corresponden por lei á Deputación de Lugo e que deben de ser similares ás realizadas pola Xunta de Galicia nos Concellos de Ribadeo e Trabada, onde o goberno autonómico convenios para a mellora do abastecemento.
Por outra banda, o Grupo Provincial do Partido Popular tamén defenderá a unidade de toda a corporación para impedir a desconexión de Lugo e Galicia da mobilidade nacional e internacional instando ao Goberno de España a elaborar e impulsar un Plan integral de investimentos e mellora da mobilidade na comunidade e na provincia.
Antonio Ameijide lembra que á desconexión de Lugo da alta velocidade, o mal estado das infraestruturas viarias na provincia, autovías sen rematar… hai que sumar agora a perda de conexións aéreas dende Galicia. “Semella que queren dar a puntilla a Galicia, pero especialmente a Lugo”, denunciou.
Neste senso, o voceiro popular afirmou que “basta xa” de que PSOE e BNG “sigan a permitir este abandono sistemático a Lugo en materia de infraestruturas”. “O Goberno de Sánchez tiña unha folla de ruta marcada para illar á nosa provincia por terra, mar e agora pretende sumar o illamento por aire”, criticou.
ROGOS E PREGUNTAS
Os deputados populares tamén preguntará no pleno pola situación das obras de renovación da cuberta do Pazo dos Deportes “que tiñan que estar rematadas o pasado 11 de agosto, uns traballos que a día de hoxe van pola metade e que de non rematar antes do vindeiro 12 de outubro poñen en risco que o Breogán poida xogar o seu primeiro partido como local esta temporada”.
Tamén se preguntará pola situación das obras dos centros de atención a maiores de A Pontenova e Guitiriz que están paralizados.
Por outra banda, os deputados populares tamén defenderán dous rogos para que o goberno provincial de PSOE e BNG mellore a seguridade na estrada provincial LU-P-6602, ao seu paso pola parroquia de Galdo (Viveiro), habilitando zonas seguras para o paso de peóns e elementos redutores da velocidade, entre outras medidas, ademais de solicitar a instalación de xeradores eléctricos en todos os centros de atención a maiores da Deputación de Lugo para garantir o subministro enerxético no caso de que se produzan apagamentos ou cortes no subministro eléctrico.
























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



