O goberno municipal está xestionando orzamento da Xunta de Galicia e, indudablemente tamén fondos propios para arranxar moitos dos edificios e espazos públicos dedicados ó deporte. Xa na oposición o reivindicábamos por activa e por pasiva, porque as propias entidades eran as que en repetidas ocasións expresaron a necesidade de arranxar as instalacións deportivas.
Cando chegamos, sabíamos que nos íamos atopar con espazos absolutamente abandoados. Sempre dixemos que no pavillón da rúa Alfredo Deaño chovía máis dentro que fora. Había máis caldeiros alí que na ferretería e aínda así, chovía fora deles. Esa era a realidade. Non estamos inventando nada. En pouco máis de dous anos, xa estamos coas obras. Preto de 200.000€. A pista multideporte que todo apuntaba a que fose a obra da última lexislatura, ó final nin a mencionaron…sabido o sabido, non é de extrañar…!! Houbo que correxir infinidade de cousas que quedaron mal. Por modificar, houbo que modificar ata o alumeado que en vez de alumear as pistas, cegaba ós veciños nas súas propias vivendas. O alumeado do Pepe Barrera houbo que renovalo enteiro, que por certo, vaia despilfarro había co mantenemento deste campo. Neste momento, faino o persoal do concello, moito máis eficaz e con fondos propios. Pavillón de Cubelas?? Pero si algún non sabía nin que alí existía unha entidade deportiva!! Para qué invertir?? Preto de 50.000€ destinados á súa mellora. No Campo de Outeiro, igual, houbo que invertir nada máis chegar.
No pavillón de Avd. de Luarca máis do mesmo, os bancos todos rotos… Qué doado houbera sido ampararse no vitimismo de antaño e entre mágoa e mágoa, deixar caer todo. Esa era a actitude en tempos anteriores, DEIXADEZ e DESIDIA ABSOLUTA!! É verdade que cando se acercaban as eleccións, algo de vergoña lles entraba e pretendían arranxar pero todo quedou en remendos pouco eficaces como pasou no pavillón de Alfredo Deaño e no local onde ensaia Amigos da Gaita, que moi bonito o suelo e a foto pero ós catro días volveron os caldeiros. Iso non é invertir, iso é gastar sin sentido.
Resulta que agora, sin ningún tipo de pudor nin de vergoña, saen “esixindo” que se faga en pouco máis de dous anos, o que eles non deron feito en vinte!!
Saen con “propostas” en redes sociais, porque seguramente non atopen ningún medio que se rebaixe a publicar notas tan vergoñentas e pouco creíbles como estas….
Por riba, saen con “propostas” que xa levamos nós a Pleno e tiveron a pouca lealdade con Ribadeo de abstenerse!! Cómo se non fose con eles!!
¿Por qué non votaron a favor de instar ou esixirlle (que lles gusta máis) á Diputación que invirta o 50% do custe destas inversións? Porque así SI lles serían leales a Ribadeo e ós veciños. Así, quizáis poderían “esixir” a este goberno o que eles non fixeron en vinte anos.
Unha mágoa… pero alguén lles debería de dicir que serían máis creíbles con menos palabrería e máis feitos. Con esta actitude, aparte de dar pena, fan o ridículo.
En fin, a estas alturas, xa non enganan a ninguén…
Cómo sempre decimos, nós ó noso, traballando arreo por e para Ribadeo e defendendo sempre os intereses dos nosos veciños.


















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



