Unha actuación que mellorará ademais o confort dun espazo municipal fundamental para a vida comunitaria do noso municipio
Cervo, 6 de outubro, 2025. O Concello de Cervo vén de acometer traballos de mellora da eficiencia enerxética da Casa do Mar, cun investimento de 89.746,68 euros, dos cales o 50% foi achegado a través dunha subvención da Xunta de Galicia, mediante o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.
A actuación consistiu na retirada da antiga caldeira de gasóleo, instalada no ano 1990, e a súa substitución por dúas caldeiras en tándem de biomasa (pellets), coa instalación dos correspondentes silos de almacenaxe. Ademais, acometeuse unha reforma integral da sala de máquinas, incorporando sistemas de ventilación e regulación máis eficientes, circuladoras de alta eficiencia, contadores de enerxía e medidas de protección contra incendios, todo en consonancia coas esixencias do RITE 2019 e do CTE-DB-SI.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, achegouse ata o edificio para supervisar a actuación e destacou que a obra “supón un paso moi importante para mellorar as instalacións da Casa do Mar, reducindo consumos enerxéticos e apostando por unha fonte renovable como a biomasa, que é máis sostible e respectuosa co medio ambiente”.
Engadiu tamén que “a Casa do Mar é un espazo fundamental para a vida social de Cervo: nela atópase a escola infantil, celébranse actividades deportivas e culturais e serve de punto de encontro para diferentes asociacións do municipio. Con esta mellora garantimos un servizo máis eficiente e un maior confort para todas as persoas usuarias”.
Con este proxecto, o Concello de Cervo dá un novo paso na súa aposta pola eficiencia enerxética e pola sostibilidade, modernizando un edificio municipal clave.





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



