A Mariña 10 de outubro de 2025. A Plataforma na Defensa da Sanidade da Mariña apoia e acudirá á concentración convocada polo Concello de Barreiros o próximo luns día 13 de outubro ás 12 horas diante do centro de saúde da localidade en demanda da cobertura urxente das ausencias do persoal médico. Este colectivo social, referente na loita por unha sanidade pública de calidade, próxima ,equitativa e que defende a cobertura ao cen por cen de todo o persoal en todos os niveis asistenciais, súmase ás reivindicacións do Concello de Barreiros, que despois dun período estival cos servizos saturados, tanto polo aumento da poboación como polo déficit do persoal de plantilla, así como pola ausencia un ano máis de persoal para a atención das persoas desplazadas, “ten agora que sufrir a ausencia total de persoal facultativo desde hai máis dunha semana”.
Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña “animamos a todas as persoas de Barreiros, así como dos concellos veciños e en xeral de toda a comarca, a que acudan a esta concencentración diante do centro de saúde para así trasladar ás e aos responsables da xestión sanitaria que non imos consentir que se siga con esta sangría na sanidade pública que afecta á saúde e mesmo á vida das persoas , como se puido comprobar este verán”.
A coordinadora do colectivo social, Montse Porteiro reitera unha vez máis que “asistencia sanitaria non está garantida na comarca nin tampouco o está en Barreiros mentres non se cubra o cen por cen das ausencias de todo o persoal no momento en que se produzan”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



