Viveiro, 17 de outubro, 2025. O PSOE de Viveiro quere aclarar que o actual goberno municipal “está a continuar exactamente a mesma tramitación de Plan xeral de ordenación Municipal (PXOM) iniciada polo anterior goberno socialista, coa mesma empresa redactora e co mesmo procedemento técnico e administrativo que foi contratado de forma pública e transparente”.
Resulta sorprendente,engaden, “que quen durante anos criticou e custionou o traballo do equipo redactor e da anterior alcaldesa e voceira do PSOE María Loureiro agora siga o mesmo camiño. O que se está a facer e seguir coa mesma tramitación, correxindo os informes que requiren as diferentes administracións e reenviar os documentos, tal e como xa se fixo dende o goberno socialista durante o seus mandatos”.
“Durante este tempo, o Concello de Viveiro sufríu un bloqueo evidente por parte da Xunta de Galicia, especialmente en Augas de Galicia, e a Dirección Xeral de Patrimonio, que tiveron o expediente parado durante tres anos, se dar respostas nin realizar observacións. E decir o goberno socialista enviaba o documento do PXOM para que informaran, e durante tres anos , tanto en Patrimonio da Xunta como en Augas de Galicia, non contestaron. A pesar dos escritos que se enviaban dende o Concello demandando reposta”.
“Incluso , ante esta falta de resposta da Xunta, a propia María Loureiro tivo que dirixirse persoalmente ó anterior presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo durante un acto público para pedir que desbloqueasen o expediente de Patrimonio que levaban tres anos sen contestación. Pouco despois, chegou finalmente unha resposta que permitiu seguir avanzando”.
“Nas reunións de traballo que se fixeron neste últimos anos en Santiago concretamente na Consellería de Infraestructuras cos técnicos da Xunta a anterior alcaldesa socialista procuraba acudir con todos os voceiros dos diferentes grupos políticos, porque sempre se considerou que o PXOM é un asunto de interese xeral, e que require unidade e consenso.
Desde o PSOE de Viveiro queremos deixar claro que o actual goberno do Partido Popular non iniciou nada novo, senón que continúa o traballo técnico, administrativo e político que o goberno socialista deixara encamiñado. A diferencia importante e que agora na Xunta de Galicia o tramitarán con máis celeridade que cando estaba o goberno socialista”.
“O importante é que o PXOM avance, pero tamén é necesario recoñecer quen fixo o traballo e que tivo que loitar contra o bloqueo da Xunta para que hoxe poda seguir avanzando”, rematan.

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



