O proxecto contempla actuar nun treito de 155 metros, coa execución de beirarrúas, accesos ás parcelas, dotación dos servizos necesarios e conexión co sistema de vixilancia e seguridade do parque
A Pastoriza, 28 de outubro de 2025. A Consellería de Economía e Industria destina 96.000 euros á ampliación das infraestruturas viarias do polígono da Pastoriza, con cargo á orde de axudas a concellos para acometer melloras nas áreas empresariais.
O delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde, Darío Cabaneiro, visitaron a zona para informar sobre o proxecto, que se executará nunha parte do parque sen urbanizar, dándolle continuidade cara o Oeste.
Así, está previsto acometer novas infraestruturas viarias nun treito de 155 metros, con beirarrúas a ambos lados e accesos ás parcelas, incluídos os rebaixes nos bordos para facilitar a entrada de vehículos.
Tamén se habilitarán as canalizacións de baixa tensión, saneamento e abastecemento. Ademais, adecuarase o alumeado público e as instalacións de vixilancia e seguridade, que estarán conectadas co sistema de cámaras existente no polígono.
O obxectivo é crear os servizos necesarios para o asentamento de novas empresas.
Actualmente, 17 firmas desenvolven a súa actividade nesta área industrial, cuxa superficie ronda os 100.000 metros cadrados.
Arias destacou que esta orde de axudas da Xunta “contribúe á modernización e á competitividade dos polígonos industriais”, e facilitan que as empresas “dispoñan dos servizos e infraestruturas que precisan para desenvolver o seu traballo”.
As achegas foron convocadas no mes de febreiro cun crédito de 3M€, e ante a boa acollida que tiveron entre os concellos ampliouse o orzamento en 2,5M€ para financiar máis proxectos.



















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.


