O Deputado de Promoción Económica e Social explicou que “estamos a falar de máis de 5,1M€ para asegurar que as residencias de Castroverde, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil, Trabada e Meira sigan abertas”
Lugo, 28 de outubro de 2025. O Pleno da Deputación acordou este martes aprobar as addendas de ampliación dos convenios marco e específicos da rede de residencias provinciais, co obxectivo de estender os seus efectos económicos ata xuño do 2026. Unha medida que garante a continuidade deste servizo e mantén a estabilidade nas prestacións asistenciais ás persoas da provincia. O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, explicou que “estamos a falar de máis de 5,1M€ para asegurar que as residencias de Castroverde, A Fonsagrada, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Pol, Ribadeo, Ribas de Sil, Trabada e Meira sigan abertas”.
Este acordo permitirá á Deputación de Lugo e aos concellos traballar no novo marco xurídico sobre o que se sostén o modelo provincial de Centros de Atención a Maiores da institución -que haberá que renovar o ano que vén- sen afectar ás persoas usuarias nin aos municipios nos que se sitúan. Concretamente, estas addendas de ampliación evitan que os convenios queden sen cobertura económica antes de tempo, manteñen a estabilidade e a continuidade do servizo asistencial e permiten planificar o gasto con previsión, sen modificar as condicións esenciais xa acordadas no 2018.
“Falamos de garantir o funcionamento de 9 residencias de maiores que temos en funcionamento nos nosos concellos, que son seguridade para as familias, emprego para o rural e, sobre todo, dignidade para as persoas maiores”, valorou Rivera Capón. Reprochou a falta de compromiso da Xunta de Galicia coa veciñanza da provincia e sinalou que a pesar de ser a Administración coas competencias “a súa política de residencias en Lugo é inexistente”. Nese sentido, destacou que non teñen nin un só proxecto novo en marcha a pesar da situación de sobreenvellecemento da poboación no territorio.
A medida saíu adiante grazas aos votos do PSdeG e o BNG e coa abstención do PPdeG.
Un modelo 100% público e de calidade
O modelo asistencial da Deputación é 100% público, sen ánimo de lucro, e distínguese pola súa aposta pola atención personalizada e polo benestar das persoas maiores. A diferencia doutros modelos privados, o sistema da institución lucense non busca rendibilidade económica, senón que inviste na mellora da calidade de vida e no benestar dos usuarios. Isto tamén supón unha importante creación de emprego local, contribuíndo ao desenvolvemento económico das zonas rurais.
Este modelo tamén garante a igualdade de acceso aos servizos, independentemente da
situación económica de cada usuario, e ten un forte impacto social, creando máis de 225 postos de traballo directos e mellorando a vida de máis de 300 veciños da provincia que residen nos centros provinciais.



















A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



