«Vera», de Ignacio Vidal Portabales, foi nomeada finalista
Viveiro, 28 de outubro de 2025. O xurado do sétimo Premio de Novela Vilar Ponte, convocado polo Concello de Viveiro, acordou por unanimidade conceder o galardón á obra «A dous pasos do Edén», de Pura Salceda Carballeda, e nomear como finalista a novela «Vera», de Ignacio Vidal Portabales.
Da novela gañadora, «A dous pasos do Edén», o tribunal destacou «a habelencia para mergullarnos no límbico mundo hospitalario no que se move o protagonista, un paciente en diálise que rememora unha intensa vida amatoria mentres cruza o seu camiño cunha miríade de personaxes cos que coincide nas sesións de tratamento. Vidas que converxen nun purgatorio de salas de hospital no que acaban tecéndose redes de amizade e afectos que fan fortes a estes seres fronte ao horizonte dun final ameazante».
En canto á obra finalista, «Vera», o xurado salientou «a súa capacidade para introducirnos na vida dunha muller que fica soa cando o seu home marcha de cooperante a África. A orfandade sobrevida, as dificultades no trato familiar e social e a dubidosa esperanza dun futuro incerto gravitan no corazón desta historia fondamente emocional, inzada de ocultas perdas e inesperadas lumieiras».
O tribunal do Premio Vilar Ponte estivo composto por Carlos Nuevo Cal (cronista oficial de Viveiro, profesor e historiador), Rosalía Morlán Vieites (escritora e enfermeira) e Armando Requeixo Cuba (investigador, profesor e crítico literario). Actuou como secretaria, con voz e sen voto, M. Rosario San Isidro Franco, traballadora do Concello de Viveiro, que levantou acta da sesión.
O Concello de Viveiro felicitou ás persoas galardoadas e agradeceu o labor rigoroso do xurado, así como a todos os autores e autoras que participaron nesta sétima edición do certame.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



