Daniel García criticou a xestión da Consellería, que establece medidas parciais e tardías
Lugo, 28 de outubro de 2025. O deputado provincial Daniel García esixiu á Xunta de Galicia respostas claras e inmediatas á falta de información das ganderías en relación coa dermatose nodular, tras as medidas cautelares respecto ao movemento de animais decretado onte pola Consellería de Medio Rural.
No pleno celebrado esta mañá na Deputación, Daniel García criticou que as medidas chegan “con tres semanas de retraso respecto da detección do primeiro foco no Estado” e que “se siga permitindo a entrada para vida de zonas como Zaragoza ou Valencia, centros de concentración de vacún de recría”.
O responsable provincial advertiu tamén dos interrogantes que deixa o decreto da Consellería: “Quen vai asumir as perdas ocasionadas pola imposibilidade de venta dos animais ou o custe de indemnización do sacrificio por baleirado sanitario nas granxas afectadas?, como se van a xestionar os animais mortos? Ou como se vai realizar a xestión e control por parte da administración coas Oficinas Agrarias con falta de persoal e en pleno concurso de traslados?”.
Neste sentido, o deputado criticou que ningunha destas cuestións se aclarou onte, na primeira xuntanza realizada pola Consellería sobre a extensión da dermatose nodular. “Durante o encontro, a Consellería limitouse a asegurar que todo se fixera correctamente, sinalando que se as persoas gandeiras non están informadas, é porque non queren. Seguen a mesma estratexia que no caso da Língua Azul, delegar as competencias e responsabilidades nos propios gandeiros e gandeiras e botar balóns fóra cando existen competencias propias na materia”.
“A obriga da administración, especialmente nestes casos, é proporcionar información clara e rigorosa, e non deixar que circulen datos confusos que xeran máis incerteza entre as gandeiras e gandeiros”, reclamou o deputado, fronte á xestión do goberno galego que “se limita a reenviar as publicacións do Ministerio”, concluíu.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



