Os deputados do Grupo Provincial Popular tiveron que coñecer no Parlamento galego algunhas das liñas que marcarán os vindeiros orzamentos provinciais ante a negativa de José Tomé a reunirse co Grupo Provincial Popular e escoitar propostas e necesidades dos 67 concellos, así como non presentar as contas provinciais antes do 15 de outubro, como establece a lei
Lugo, 31 de outubro de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular na Deputación de Lugo denuncian que “unha vez máis José Tomé volveu a facer gala da súa falta de diálogo, de transparencia e de respecto institucional”, que volve amosar o seu desinterese por escoitar aos veciños da provincia.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, lamenta que “tivese que ser en Santiago onde se presentasen as liñas mestras das contas da Deputación, en lugar de na provincia de Lugo”. “José Tomé segue negándose a reunirse co Grupo maioritario da corporación, unha mostra evidente de falta de lealdade institucional e de desprezo a quen representa e escoita á maioría dos veciños da provincia”, sinalou, do mesmo xeito que “se nega a escoitar as necesidades dos 67 concellos”.
Un ano máis, os orzamentos da Deputación chegan tarde – a Lei Reguladora das Facendas Locais recolle no seu artigo 168.4 que o presidente da entidade formará o presuposto xeral e o remitirá, informado pola Intervención e con anexos e documentación complementaria ao Pleno da corporación antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución – e sen vontade de consenso, nin de incorporar achegas realizadas por todos os veciños da provincia. “Tomé presentou antes as contas provinciais en Santiago que en calquera punto da provincia de Lugo, unha nova falta de respecto cara os lucenses e un claro síntoma de falta de proxecto para a provincia”, denunciou.
Ademais, Antonio Ameijide critica que “un ano máis, Tomé falou moi pouco das contas da Deputación e si confrontou moito coa Xunta”. “Vai a Santiago coa escusa de falar dos orzamentos da Deputación, pero o único que fai é criticar á Xunta de Galicia”, sinalou, ao que engadiu que “é un claro síntoma de que Tomé e o seu goberno de PSOE e BNG carecen de proxecto para Lugo e teñen un modelo político esgotado”.
O voceiro popular recorda que no pleno desta semana defendemos unha iniciativa na que se pedía incorporar ás contas da Deputación para 2026 cinco medidas acordadas cos representantes dos 67 concellos da provincia. “Nin sequera quixeron escoitar cinco iniciativas nas que coincidían todos os concellos, sen excepción”, apuntou.
Antonio Ameijide recorda que “José Tomé leva seis anos sen escoitar aos alcaldes que non son amigos, seis anos sen pisar máis da metade da provincia e seis anos esquecéndose de que máis da metade dos veciños existen”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



