O portavoz popular considera “deleznable e cínico” que Cajoto tente agora sacar peito dun proxecto que no ano 2019, como candidato socialista, criticaba abertamente
Foz, 31 de outubro de 2025. O Partido Popular de quere desmentir con rotundidade as afirmacións falsas do alcalde de Foz, quen asegurou recentemente que o proxecto da nova depuradora de augas residuais de Foz é “un proxecto colectivo dos últimos alcaldes do municipio”.
Nada máis lonxe da realidade. Segundo explica o voceiro popular, Javier Castiñeira, “este proxecto é froito do traballo do Partido Popular de Foz, que no seu momento conseguiu, mediante un acordo con Foz Plataforma de Futuro, a súa ubicación actual fronte á oposición do PSOE e do BNG”.
Castiñeira lembra que foi o PP quen logrou o financiamento íntegro da depuradora, “para que non lles custase aos focenses nin un só euro”, e cualifica as palabras do alcalde como “un intento vergonzoso de apropiarse dun proxecto no que nunca creu”.
O portavoz popular considera “deleznable e cínico” que Cajoto tente agora sacar peito dun proxecto que no ano 2019, como candidato socialista, criticaba abertamente. Aquelas declaracións son públicas e contundentes. En marzo de 2019, Cajoto afirmaba: “Estase a perder unha oportunidade única para resolver os problemas da rede de saneamento de Foz. Imos continuar cos problemas de sempre e vanse xerar outros novos, o que resulta inadmisible. O documento contempla o vertido das augas depuradas a carón da praia de Peizás; o PSOE de Foz considera que este é un punto moi sensible, xa que a praia de Peizás é unha das máis singulares do Concello e habitual bandeira azul, distinción que podería perder definitivamente ante a nova instalación e empeorarse a calidade das augas de baño. O PSOE considera que se está desaproveitando a oportunidade de que Foz conte cunha depuración de augas fecais moderna e eficaz”.
“Estas palabras deixan moi claro que o señor Cajoto rexeitaba frontalmente o anteproxecto que agora tanto eloxia. A realidade é que o proxecto actual parte dese mesmo anteproxecto que o PSOE descalificaba en 2019. Iso chámase mentir descaradamente e practicar a política máis rastreira e oportunista”, subliña Castiñeira.
Desde o Partido Popular de Foz, reivindican o traballo serio e responsable que fixo posible esta infraestrutura fundamental para o futuro do municipio e rexeitan o intento do alcalde de reescribir a historia para apuntarse un tanto político que non lle corresponde.
“O proxecto da depuradora é do PP de Foz, coa colaboración de Foz Plataforma de Futuro, e quen o negaba e obstaculizaba era precisamente Cajoto. Hoxe, como alcalde, demostra que non ten escrúpulos en mentir para colgarse medallas alleas”, conclúe o voceiro popular.



























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



