“O Partido Popular sigue sen atender as demandas da comunicade educativa burelá levadas ao Parlamento por Daniel Castro hai un ano”
Burela, 8 de novembro 2025. Un ano despois de que o deputado mariñao Daniel Castro levara ao Parlamento as demandas da comunidade educativa en Burela logo de reunirse cos respectivos equipos directivos xunto con Mario Pillado, concelleiro de Educación e Sandra Fdez. Cillero, concelleira de Asuntos Sociais e Igualdade, Burela segue agardando polos investimentos necesarios para o arranxo, adecuación e melloras nos centros educativos.
Burela: 1350 alumnos/as en catro centros e mais de 40 nacionalidades
“Son moitas as necesidades existentes nos nosos colexios e institutos e a día de hoxe seguen sen se resolver por parte da Xunta e a maiores ainda aparecen novas carencias” manifestou Pillado que tamén quixo destacar que “a situación particular coa que conta Burela en canto a diversidade e necesidades educativas a Consellería de Educación non pode remitirse aos ratios e ao finanzamento de servizos convencional que fai para o resto de centros do país, porque aquí nestes catro centros que suman 1350 alumnos e alumnas conviven tamén máis de 40 nacionalidades, unha casuística para nada negativa, ao contrario moi positiva, pero que precisa que se dediquen máis recursos”.
Pillado anunciou que a través do Grupo Parlamentario do BNG o deputado Daniel Castro vai presentar catro emendas aos Orzamentos da Xunta 2026, agora mesmo en trámite no Parlamento, para que se consignen as correspondentes partidas para dar solución á problemática dos centros de Burela.
Melloras na accesibildade, obras de cuberta e peche de pistas polideportivas, eficiencia enerxética, e obras estruturais
A primeira das emendas refírese ás obras para a cuberta e peche das pistas polideportivas exteriores tanto do CEIP Vista Alegre como do IES O Perdouro xa que se trata dunha demanda das direccións dos centros e da comunidade educativa e dunha necesidade para que o alumnado teña mais espazos para a época de inverno.
A seguinte refírese á mellora da accesibilidade nos centros educativos. Os centros de ensino, tanto o CEIP Os Castros como o IES Perdouro contan con instalacións moi antigas e con varios edificios, polo que a accesibilidade para persoas con mobilidade reducida é moi frouxa, polo que se deben levar a cabo actuacións que solventes estas carencias, posto que parte do alumnado e das familias teñen moitas dificultades para acceder a tódalas instalacións.
A terceira tén que ver coa mellora na eficiencia enerxética nos centros de ensino de Burela, que son xa bastante antigos polo que precisan de melloras en eficiencia enerxética para asegurar as condicións de dignidade no interior a un coste asumible, polo que se deben realizar actuacións nesa liña, tanto no alumeado coma en portas e ventás.
E por último solicitan tamén consignación para obras de reforma estrutural do centro e do valado exterior do IES Perdouro. Recorda Pillado que no pasado curso 24/25 produciuse un accidente nas inmediacións do IES Perdouro que ocasionou grandes desperfectos no valado exterior do centro. O peche actual é provisional e polo que se ve non se espera que se vaia a acometer actuación ningunha. É preciso facer unha actuación para reparar eses danos e dende o centro piden que se poda trasladar uns metros a cancela de acceso ó mesmo para aumentar a accesibilidade dos edificios inferiores. Ademais tamén están pendentes de revisións os piares dos edificios 1 e 2, moi deteriorados
Estes investimentos tan necesarios para os colexios e institutos de Burela achéganse aos 2 millóns de euros.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


