A petición afecta á LU-P-6601; á LU-P-6606, en Area; e ás vías LU-P-6602 e LU-P-6608, en Galdo
Viveiro, 10 de novembro de 2025. O Concello de Viveiro remitiu á Deputación de Lugo unha solicitude para que se instalen dispositivos de redución de velocidade en tres estradas de titularidade provincial do municipio. O obxectivo é mellorar a seguridade viaria e garantir que os vehículos minoren a velocidade nos tramos máis sensibles.
A petición afecta á estrada LU-P-6606, en Area, no tramo comprendido entre o establecemento Louzao e a igrexa; á LU-P-6601, á altura do cine; e ao lugar da Feira, en Galdo, nas estradas LU-P-6602 e LU-P-6608. Estes puntos rexistran unha circulación densa e, nalgúns casos, os vehículos circulan por eles de xeito habitual a unha velocidade superior á permitida. Por ese motivo, acumúlanse queixas veciñais pola inseguridade xerada.
O Concello lembra que, no caso de Galdo, xa remitira o 1 de abril unha solicitude acompañada de información gráfica para que se revisase a zona, sen que ata o momento conste resposta. A alcaldesa Mariña Gueimunde asinou a nova petición en aras de que a institución provincial realice os estudos e valoracións necesarias para adoptar medidas que garantan a seguridade e a redución efectiva da velocidade nos tres tramos indicados.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



