A campaña De compras polo comercio da Mariña Lucense recalou nesta vila, onde repartiu tres vales de compra por importe de 250, 150 e 100 euros, respectivamente, que lles foron entregados ás agraciadas polas convidadas e convidados especiais que pasaron esta fin de semana coa FCAM en Ribadeo e na Pontenova: Almudena Navarro, comunicadora en Cadena 100, dj, voz publicitaria e de dobraxe e presentadora de tv; José Real, xornalista e responsable dos informativos no programa Buenos días Javi y Mar de Cadena 100; e Arsenio Coto, xornalista lugués en medios audiovisuais e escritos desde hai 34 anos; así como polo alcalde, Darío Campos, e polo presidente da Asociación de Comerciantes da Pontenova, José Luis Balseiro.


























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



