Lugo, 20 de novembro de 2025. A deputada de Cultura Iria Castro informou dos termos en que a Deputación de Lugo propón á Xunta que exerza o dereito de retracto sobre a parcela na que se ubica a Torre de Caldalboa, adquirida en 2022 pola entidade provincial.
A Deputación solicitará a Xunta de Galicia que se comprometa a garantir e facer efectiva a protección, conservación, restauración e consolidación da Torre de Caldaloba, preservando o seu valor histórico e arqueolóxico e que abone á Deputación de Lugo o prezo de adquisición do ben -106.000 euros – e os gastos derivados da taxación e medición e das xestións de rexistro e notaria.
A responsable provincial explicou que “a compra dos terreos por parte da Deputación tiña como obxectivo a incorporación da Torre ao patrimonio público para levar a cabo un proxecto de consolidación e posta en valor acorde co seu valor histórico e simbólico. E iso é o que pedimos á Xunta de Galicia neste proceso de negociación que agardamos se poida resolver de forma inmediata para que a Xunta e o Concello de Cospeito actúen xa sobre o ben e seu entorno”.
A proposta, que os servizos xurídicos da Deputación trasladarán á Xunta, formúlase no contexto do proceso de negociación decretado polo Xulgado logo da demanda presentada polo goberno galego en relación coa compra do ben, o pasado mes de abril.
A Deputación de Lugo solicitara ao Xulgado a suspensión do procedemento xudicial e a apertura deste procedemento de neogiciación para avanzar canto antes na restauración da fortificación, despois de tres anos e medio de bloqueo administrativo por parte da Xunta de Galicia



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



