O modelo permitirá mellorar o servizo, garantir a salubridade pública e clausurar os actuais puntos de depósito, nalgúns casos convertidos en vertedoiros incontrolados
Vilalba, 20 de novembro de 2025. A alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, vén de anunciar a posta en marcha dun novo sistema de recollida de plásticos agrícolas que entrará en funcionamento no 2026 e que suporá un cambio significativo no servizo que reciben as explotacións gandeiras do municipio.
A recollida pasará a realizarse directamente granxa a granxa, garantindo unha maior comodidade para os titulares das explotacións e unha mellora substancial nas condicións de limpeza e salubridade da vía pública.
A rexedora vilalbesa, Marta Rouco, destacou que “este novo modelo permitirá ofrecer un servizo máis moderno, eficiente e adaptado á realidade do rural, evitando desprazamentos innecesarios para os gandeiros e eliminando os problemas xerados polos antigos puntos de depósito, que nalgúns casos chegaron a converterse en vertedoiros incontrolados”. Engadiu ademais que “o obxectivo é facilitar a vida aos veciños e veciñas, manter os espazos públicos en bo estado e avanzar cara a unha xestión dos residuos máis responsable e acorde cos tempos actuais”.
O novo servizo funcionará dúas veces ao ano, coincidindo coa última semana de maio e a última semana de outubro. Para que a empresa concesionaria pase pola explotación, só será necesario realizar unha chamada previa ao teléfono dispoñible para tal fin: 653 940 988, a partir do día 1 do mes correspondente. A empresa encargada da recollida organizará as rutas e acudirá ás granxas para retirar os plásticos preparados polos titulares.
Este novo sistema permitirá, ademais, clausurar os puntos de recollida actuais, que nalgunhas parroquias acumulaban todo tipo de residuos alleos aos plásticos agrícolas, xenerando problemas de limpeza e afectando á imaxe do rural vilalbés.
O Concello de Vilalba tamén lembra que os residuos voluminosos nunca deben deixarse nos antigos puntos de recollida de plásticos. Poden depositarse directamente no punto limpo municipal ou solicitar a recollida no domicilio chamando ao 671.606.099. Este servizo realízase todos os venres previa solicitude telefónica ou vía WhatsApp.
O Concello de Vilalba agradece a comprensión e colaboración dos seus veciños e veciñas ante este cambio, pensado para ofrecer un servizo máis cómodo, limpo e eficaz para todas as explotacións do municipio.



























Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



