Foz, 20 de novembro de 2025. A biblioteca municipal Salgado Toimil, de Foz, convoca o XXI Concurso de Postais de Nadal para todo o alumnado do concello de Foz nas categorías existentes.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “o concurso estará aberto ata o vindeiro 12 de decembro. As postais deberán realizarse nunha cartolina de tamaño aproximado 16×11 centímetros, a técnica será libre e o texto que se inclúa deberá ser en galego. As categorías serán de infantil, primaria A (1º, 2º, 3º) e primaria B (4º, 5º, 6º), ESO (1º, 2º, 3º e 4º). Haberá tres premios por cada unha das categorías. A postal gañadora será a felicitación oficial do Concello de Foz para o Nadal 2025”.
Inés López Couto engade que “ademais a biblioteca municipal súmase á visualización e concienciación na loita contra a violencia de xénero, no 25N, cunha mostra bibliográfica que reúne obras literarias e divulgativas destinadas a promover a lectura como vía para a igualdade e que teñen como temática a perspectiva de xénero e as distintas formas de violencia machista. A mostra estará ata o vindeiro 28 de novembro”.
Ademais esta fin de semana o venres 21 ás 20.30 horas á Sala Bahía chega a representación Yo solo quiero irme a Francia, con María Galiana (Doña Herminia en Cuéntame), Nieve de Medina, Ledicia Sola e Alicia Armenteros. A entrada é de 5 euros.
“O sábado conmemoramos a Santa Cilla e os músicos da Banda de Música de Foz ofrecerán un concerto a partir das 20.00 horas na Sala Bahía. Tamén temos festa na parroquia de Santa Cilla, onde o sábado e o domingo haberá moita música”, finaliza a concelleira de Cultura.


























O acto inaugural tivo lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo foi a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completouse coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



