Ribadeo, 20 de novembro de 2025. Ribadeo inicia os traballos para o irmandamento con Tala, a cidade uruguaia na que viviu e morreu o poeta José Alonso y Trelles El Viejo Pancho. Hoxe visita o Concello o Cónsul de Uruguai, Ramiro Rodríguez.
O alcalde, Dani Vega, contou que “hoxe recibimos ao Cónsul do Uruguai, ao que lle agradezo a súa visita. Hoxe iniciamos os traballos do irmandamento con Tala. Xa nos diriximos e falamos co alcalde de Tala. Comeza un traballo moi rigoroso e estrito. Sabemos que o vencello entre Ribadeo e Tala, Tala e Ribadeo, ven a través da figura del Viejo Pancho”.
O rexedor declarou: “quero agradecer a todas as formacións políticas, o traballo conxunto, a dedicación e o respaldo que dan a este irmandamento. Tamén lle quero agradecer ao Cónsul que iniciou este traballo xa cando fixemos todos os actos do Viejo Pancho e agora con este irmandamento poñemos o selo a toda unha a traxectoria, a todo un legado cultural que ten o Viejo Pancho, que nace en Ribadeo, vive e morre en Tala, pero desde logo o legado é para o conxunto”.
Vega considera que “un irmandamento que evidentemente vai coordinar o Concello, que vai coordinar esta Comisión, pero vamos a contar coa opinión de todo o mundo, creo que é de agradecer que o Cónsul sexa un dos primeiros que poña data de inicio con esta comisión organizadora do irmandamento con Tala. Convidamos ao alcalde a acudir a Ribadeo, vamos organizar todo un evento que ten que ver co legado cultural que ten El Viejo Pancho. Os traballos comezan no día de hoxe”.
O alcalde engadiu: “repito grazas ao Cónsul por respaldar, apoiar e traballar conxuntamente con nós, grazas a todas as forzas políticas por entender que este irmandamento é fundamental, é prioritario e creo que con todo o que se fixo durante estes anos de recordar al Viejo Pancho, creo que tamén é moi importante que iso se transforme nun irmandamento entre Tala e Ribadeo, Ribadeo e Tala”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



