Ata os anos setenta Europa occidental, na súa maioría, vivía nun sistema democrático sólido e estable e cun alto nivel de benestar. A economía estaba integrada na sociedade e respondía razoablemente ao interese xeral, mentres, as institucións democráticas vertebraban con claridade a vida dos países occidentais.
Hoxe, pola contra, vivimos nunha clara ruptura entre capital e democracia. Unha diverxencia radical de intereses que está a deteriorar, non só as condicións de vida de moita xente, senón tamén, as institucións representativas que lexitiman o sistema democrático. Unha situación que nos pode encamiñar a unha progresiva descomposición social e política.
Esta preocupante transformación, que está a dar lugar a un novo mundo de descontento social e inestabilidade política, iniciouse coa subida ao poder de M. Thatcher e R. Reagan e a posterior caída do Muro de Berlín que sería o sinal de saída para o desenvolvemento da globalización económica neoliberal. Toda unha revolución que logrou liberar a economía do control político dos Estados, o que nos está levando a un alto grado de deterioro das condicions de benestar social. Toda unha transformación estrutural impulsada e dirixida polas elites en connivencia cunha gran maioría dos representantes políticos. Unha auténtica revolución invertida, proxectada e executada de arriba a abaixo, que na realidade, foise materializando como unha gran involución social e democrática na que os pobos perderon gran parte da súa capacidade soberana e as persoas pasamos ocupar un lugar secundario, mentres as democracias foron deteriorándose ao perder importantes cuotas de poder e non ser capaces de dar resposta a moitas das demandas sociais..
En definitiva, podemos dicir que estamos inmersos nun proceso de esfarelamento de todo aquelo ao que deu lugar as ideas da Ilustración.
Un gran retroceso no que as maiorías sociais quedaron subordinadas aos intereses do capital, perdendo desta forma, o seu protagonismo histórico.
Esta situación é a que nos ten sumidos nun fondo malestar e descontento, caldo de cultivo para que prendan ideas reaccionarias e de ultradereita. Un terreo abonado para que naza a sensación de medo, sobre todo más clases medias e o medo, como nos deixou dito o pensador alemán Dahrendorf non favorece as esperanza, máis ben aviva a necesidade de seguridade e protección ademais de proxectar odio e como consecuencia, a súa tendencia é sempre autoritaria e violenta.
Este é o gran perigo, que nesta situación de cambio, prenda o medo nas sociedades europeas e volvan os monstruos do pasado que xa levaron Europa a vivir unha auténtica traxedia.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



