Advirte de que o centro de saúde non conta con facultativo fixo, só atende 4 horas e non todos os días da semana
Ourol, 25 de novembro de 2025. O alcalde socialista de Ourol, José Luis Pajón, denuncia a situación “absolutamente insostible” que sofre o municipio pola falta de cobertura médica e polas demoras desproporcionadas na atención sanitaria. Advirte de que a primeira cita dispoñible no centro de saúde non é ata o 17 de decembro, o que supón máis de vinte días de agarda para unha consulta. “É inconcibible e profundamente inxusto deixar sen atención médica a un concello envellecido como Ourol, cunha poboación que ten de media 63 anos”, critica o rexedor.
Pajón explica que, desde a xubilación da médica titular o pasado agosto, o centro de saúde carece dun facultativo fixo. A atención redúcese a tan só catro horas ao día, sen servizo de urxencias nin visitas a domicilio, e nin sequera se garante todos os días da semana. A isto súmase que cada xornada acode un profesional distinto -un grupo de tres médicos que van rotando-, o que obriga a que a veciñanza teña que repetir a súa situación clínica en cada consulta. “Nun municipio maioritariamente envellecido, isto fai imposible garantir unha atención sanitaria digna”, denuncia.
Esta realidade está a levar a moitas persoas a buscar atención fóra do concello. Pajón salienta que hai pacientes que se ven obrigados a acudir directamente ao Hospital da Mariña sen derivación, onde incluso se lles reprocha presentarse sen indicación médica. “Vas ao centro de saúde e non hai médico. Vas a urxencias e non te atenden. Vas a Burela e aínda che botan a bronca. É inadmisible”, critica.
Ao mesmo tempo, estase a producir un fenómeno que agrava aínda máis esta problemática: veciños que deciden darse de alta no centro de saúde de Muras para poder ter médico de cabeceira e acceso a cita. Isto implica que as súas tarxetas sanitarias deixan de computar en Ourol, reducindo o número de pacientes asignados ao municipio e dificultando que a Xunta considere prioritario reforzar o servizo. “Perdemos tarxetas e, con iso, perdemos capacidade de defensa. É un círculo vicioso que nos prexudica cada vez máis”, lamenta o socialista.
José Luis Pajón esixe unha resposta inmediata por parte da Xunta e do Sergas, que restablezan de inmediato un médico a tempo completo, con atención diaria, cobertura urxente e visitas a domicilio, e que poñan fin a unha situación que o alcalde cualifica de “insostible, inxustificada e profundamente discriminatoria para a nosa veciñanza”.



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.



