Ribadeo, 25 de novembro, 2025. Durante este mes de novembro, dous membros da organización do Xara foron premiados en diferentes certames artísticos a nivel rexional: Alberto González Díaz, director creativo, nos X Premios Paraugas e Guillermo González Ribeiro, DJ residente e coorganizador, na XVI edición do certame Xuventude Crea. Ambos os mozos presentáronse aos premios con traballos que gardan relación coa súa labor no Xara.
O pasado venres 21 celebrouse no teatro Jofre de Ferrol a décima edición dos Premios Paraugas, organizados polo Clúster da Comunicación de Galicia co patrocinio da Xunta de Galicia e do selo Galicia Calidade, entre outros. Na gala entregáronse quince premios, tres deles especiais, entre os que se encontra o Premio Paraugas Novos Talentos co que foi galardoado Alberto González Díaz. O seu proxecto “Identidade Visual e Dirección Creativa do Xara Fest 2025” reflicte o marabilloso traballo de Alberto para o festival ribadense, co que logrou mesturar tradición e vangarda nun selo de identidade diferencial. Entre os demais gañadores destacan o RC Celta e Estrella Galicia.
Por outra banda, a noite do venres 7 de novembro celebrouse na sala Pelícano, na Coruña, a final da categoría de disc-jóckey do certame Xuventude Crea 2025, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia, que conta con 16 especialidades artísticas. O evento constou de actuacións nas que cada un dos seis finalistas dispuxo de 20 minutos para demostrar o seu talento aos pratos e, tras a deliberación do xurado, proclamáronse tres gañadores. Guillermo González (Baby Romeo) foi o terceiro galardoado da noite cunha proposta inspirada no Global Bass, similar ao que levou ao escenario do Xara o pasado verán.
Alberto e Guillermo agradeceron nos seus discursos a existencia de iniciativas que permiten o desenvolvemento cultural e artístico da mocidade galega, o apoio dos seus compañeiros de asociación Mario, Álex e Javi e dos seus familiares e amigos, así como a participación do Concello de Ribadeo, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia que permite que eventos como o Xara.
FOTOS





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



