Daniel García denuncia a “demolición programada” do sistema público de investigación agraria e advirte das consecuencias para o sector agrogandeiro
Lugo, 25 de novembro de 2025. A Deputación de Lugo demanda á Xunta de Galicia unha actualización urxente dos fondos para o Servizo de Axuda ao Fogar que prestan os concellos. A iniciativa do BNG, o pleno provincial aprobou este martes unha proposta que respalda a demanda da Federación Galega de Municipios e Provincias: un incremento urxente dos recursos, ata os 17 euros por hora prestada en 2025 para chegar aos 20 euros por hora en 2027.
A portavoz do BNG Iria Castro lamentou a negativa dos deputado e alcaldes do Partido Popular a respaldar esta demanda de financiamento para o SAF e acusou á Xunta de Galicia de “abondono institucional” ás persoas maiores e dependentes que precisan esta atención para vivir nas súas casas.“Sen financiamento, o SAF encamíñase a unha quebra técnica” advertiu a deputada nacionalista que subliñou que “quen sufren esta falta de financiamento son as persoas usuarias e as traballadoras, con soldos e condicións precarias”.
Ademais de apoiar as demandas económicas da FEGAMP, a proposta aprobada polo goberno provincial incluía entre os puntos de acordo “demandar á Xunta de Galiza e á Administración Xeral do Estado o financiamento íntegro de servizos como o SAF, que segundo a lei, son servizos de competencia non municipal e que só poden estar xestionados de forma delegada atendendo ao principio de equilibrio financeiro” e “transladar estes acordos á Consellería de Política Social e ao Ministerio de Derechos Sociales”.
O BNG denuncia o desmantelamento da investigación agraria pública por parte da Xunta
O BNG denunciou no pleno o desmantelamento do Centro de Investigacións de Mabegondo, piar do sistema público de investigación agraria do país, por parte da Xunta de Galicia. O deputado Daniel García, responsable de Rural no goberno provincial, puxo sobre a mesa o deterioro das condicións de traballo neste centro público e a falta de investimento en equipamentos e instalacións.
O deputado fixo fincapé na situación de dependencias na provincia como a Estación Experimental da Pobra do Brollón, cun taller de maquinaria sen reparar desde o incendio que sufriu en 2021, para ilustrar “unha labor de demolición programada dos centros de investigación pública” por parte do goberno galego.
O deputado nacionalista defendeu a importancia da investigación para o desenvolvemento do sector, lembrando que o CIAM ven desenvolvendo, entre outras, investigacións sobre o consumo de forraxes e a calidade dos produtos gandeiros ou o uso racional de fertilizantes orgánicos, chave para a sustentabilidade e a rendibilidade das granxas.
O debate deuse arredor dunha moción da formación nacionalista na que se reclama á Xunta de Galicia un plan de recuperación do CIAM, facilitando a continuidade e reposición do persoal investigador e téncico e actualizando os equipamentos do centro



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



