O Pleno deu luz verde ao convenio marco de cooperación cos concellos que rexerá a prestación dos servizos sociais na Rede de Centros de Atención a Maiores e establece unha ordenanza única para o sistema público único de acceso, prezos e xestión
Lugo, 25 de novembro de 2025. A Deputación de Lugo deu este martes un paso decisivo cara á consolidación dun sistema público e homoxéneo de atención ás persoas maiores coa aprobación, no Pleno ordinario de novembro, do convenio interadministrativo marco de cooperación cos concellos da provincia. Este instrumento establece unha ordenanza única para a organización e prestación dos servizos na Rede de Centros de Atención a Maiores, garantindo unha atención de proximidade, con estándares de calidade uniformes e cun sistema de prezos públicos adaptado á capacidade económica das persoas usuarias. Saíu adiante cos votos a favor do PSdeG e BNG e coa abstención do PP.
O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, concretou antes da entrada ao Salón de Plenos, que o convenio marco pon as bases para que a Deputación poida asumir progresivamente a achega económica que ata agora recaía nos concellos, aliviando a súa carga financeira e reforzando o modelo público de xestión. Ademais, establece unha ordenación administrativa máis clara e eficaz, ao prever a aprobación dunha ordenanza provincial única para regular o acceso, os prezos públicos e o funcionamento destes servizos sociais, garantindo igualdade de condicións con independencia do municipio no que resida a persoa usuaria.
Co novo marco, a Deputación asume a contratación dos servizos necesarios para o funcionamento dos centros, dota de estabilidade aos equipos profesionais e asegura unha coordinación permanente coas administracións locais.
A aprobación deste convenio constitúe o primeiro paso dun proceso por fases. Unha vez vixente, tramitarase un convenio específico, que detallará con maior precisión as condicións particulares de colaboración e permitirá adaptar o marco común á realidade de cada centro.























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



