Lugo, 25 de novembro de 2025. No Pleno desta mañá o quedou aprobada unha modificación do convenio interadministrativo co Concello de Ourol para avanzar na tramitación administrativa para a construción do Centro de Atención a Maiores na localidade mariñá.
O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, detallou que se dá este paso porque “o anterior convenio recollía un custe de 1,6M€ e agora, co cambio de ubicación da parcela e co remate da redacción do proxecto básico ascende a case 2,3M€ de execución”. Con este novo paso, a Deputación e o Concello de Ourol poderán emitir o informe de viabilidade da residencia para remitirlle á Xunta de Galicia, que será quen terá que conceder o permiso para a construción do centro. Unha vez que estea concedido este permiso da Xunta, será cando a Deputación poderá licitar as obras.
“No Plan de Investimentos do Consorcio de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, no 2022, a Deputación e o Concello de Ourol pedimos axuda para a construción desta residencia, pero non se nos concedeu”, afirmou Rivera Capón. “Na Deputación non temos obriga legal nin competencias en servizos sociais. Non as temos. Pero é que nos vemos na responsabilidade de responder ante as necesidades dos veciños e veciñas da provincia de Lugo porque a Xunta non ten como prioridade a provincia de Lugo”, afirmou.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



