A conselleira do Mar visitou a dársena para informar tamén de novos avances na tramitación da dragaxe
Ortigueira, 26 de novembro de 2025. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, dotará o acceso ao porto de Espasante, no concello de Ortigueira, dunha marxe para tránsito peonil co obxectivo de reforzar a seguridade viaria. Así o confirmou a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, nunha visita ao municipio coruñés na que deu conta dos avances nos proxectos previstos para a zona.
A conselleira, que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, ratificou o compromiso do ente público para dar resposta á petición do Concello de delimitar unha zona reservada para o tránsito peonil na estrada de acceso ao porto de Espasante, pertencente ao dominio público portuario. Esta actuación sumarase á renovación do firme do propio viario e o investimento total previsto ascende aproximadamente 100.000 euros.
Ademais, Marta Villaverde informou tamén dos avances na tramitación do proxecto de dragaxe do porto de Espasante, no que Portos de Galicia contempla un investimento de máis dun millón de euros. Esta actuación atópase en tramitación ambiental e o estudio de impacto ambiental someteuse a información pública o pasado mes de xuño recibíndose dúas alegacións. Nos últimos días, Portos recibiu o informe do Ministerio de Transición Ecolóxica no que recolle que non existe afectación ambiental da obra á contorna, pertencente a Zona Zepa pero establece unha serie de condicionantes á obra para a contención de especies mariñas invasoras. A día de hoxe Portos segue pendente de recibir o informe de Compatibilidade coa Estratexia Mariña do mesmo Ministerio, informe preceptivo e vinculante para poder aprobar a Declaración de Impacto Ambiental dos traballos e licitalos.
Finalmente, a conselleira comprobou tamén a finalización dos traballos de reposición de pavimentos no porto de Ortigueira no que o seu departamento, a través de Portos investiu recentemente 115.000 euros. Estas obras melloraron os firmes do viario do Malecón e a explanada de aparcadoiro público.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



