A conselleira do Mar explicou nunha visita á dársena que esta obra reforza a seguridade da frota amarrada actualmente e senta as bases para a ampliación de amarres
Xove, 27 de novembro de 2025. A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, licitará nos vindeiros meses as obras para a construción dun novo dique de abrigo no porto de Morás, no municipio lucense de Xove. Así o anunciou a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde nunha visita á dársena na que explicou que esta primeira fase de actuación reforza a seguridade da frota amarrada no porto actual e senta, á vez, as bases para a futura ampliación de pantaláns.
A conselleira, que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, explicou que o novo contradique –situado fronte ao dique xa existente- contará cun investimento estimado de 3 millóns de euros que o ente público recolle nos seus orzamentos cunha partida plurianual. A consignación para 2026 é de 87.000 euros, de modo que permita a licitación das obras.
Polo que respecta ás características do novo dique, terá unha lonxitude de 224 metros e aliñarase fronte ao actual pechando a dársena. Deste xeito mellórase o abrigo das embarcacións profesionais con praza actualmente no porto e amplíase a lámina de auga abrigada para que no futuro poida albergar novos pantaláns para a sétima lista.
Con esta obra, engadiu Villaverde, “a Xunta de Galicia dá resposta a unha demanda histórica do Concello de Xove” co que Portos de Galicia leva traballando desde hai máis dunha década nesta actuación, que ata o momento permanecía bloqueada ao precisar a ocupación de terreos que pertencían a Costas do Estado. Finalmente a acta de adscrición que outorga á Xunta os terreos para executar as obras asinouse o pasado mes de outubro permitindo a Portos avanzar definitivamente no proxecto.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



