Así se puxo de manifesto nas diferentes conversas mantidas durante toda a fin de semana entre o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a dirección da compañía
Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2025. Tras as conversas mantidas durante toda a fin de semana entre o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a dirección de Sargadelos, a Xunta reitera ao empresario a necesidade de retomar canto antes as súas funcións executivas e recuperar a actividade da planta de Cervo con normalidade, en beneficio das persoas traballadoras, das súas familias e da propia empresa. Neste sentido, o Goberno galego lamenta a súa dimisión como CEO da fábrica e solicita que reconsidere a súa posición.
Con respecto ao Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) presentado pola dirección da planta en Cervo, a Xunta rexéitao ao detectar incongruencias que impiden que a solicitude se axuste á normativa aplicable. Como autoridade laboral, o Goberno galego demanda información e documentación adicional á empresa e vixiará o cumprimento da lexislación laboral, coñecedores de que o subsanamento das eivas detectadas, no que está a colaborar a Xunta no financiamento das obras dada a singularidade das instalacións, é compatible co mantemento da actividade, permitindo garantir a seguridade e a saúde do persoal.
Cómpre lembrar que desde abril a Xunta estivo en contacto permanente coa empresa, cos traballadores e coa Inspección de Traballo, mediando para ofrecer a máxima flexibilidade legal na execución das actuacións necesarias. Froito destas xestións, a Inspección concedeu a Sargadelos un prazo suficientemente amplo para acometer as actuacións previstas nos requirimentos de marzo de 2025 e setembro de 2024.





















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



