Cervo, 1 de decembro de 2025 A instancias da CIG, as tres centrais sindicais dirixíronse este luns por escrito á Consellaría de Emprego e á Consellaría de Cultura para solicitarlles unha reunión urxente e a posta en marcha de medidas inmediatas ante o ilegal peche patronal executado polo propietario de Sargadelos. A central nacionalista incide en que non existen causas que xustifiquen deixar sen ocupación efectiva o persoal e denuncia que estamos ante unha nova chantaxe de Segismundo García no marco do despropósito no que ten convertido a xestión de Sargadelos.
“Non é de recibo que se lle permita a este empresario actuar desta maneira, saltándose toda a lexislación vixente”, asevera o secretario comarcal da CIG de Lugo-A Mariña, Lois Neto. Insiste en que as autoridade competentes teñen que actuar xa para garantir o dereito ao traballo do persoal de produción da cerámica de Cervo, a quen hoxe se lle volveu impedir o acceso ao interior da factoría.
E neste senso, en resposta ás declaracións feitas polo presidente Alfonso Rueda, critica a falta de dilixencia da Xunta de Galiza e lémbralle que actuar “non é máis que exercer as competencias das que dispón o Goberno galego”. Neto lamenta que non se estea informando ao cadro de persoal e agarda que as medidas ás que se refire Rueda “non rematen en ‘acordos por atrás’ cun empresario que se dedica a vulnerar a lexislación laboral e os dereitos das traballadoras e traballadores”.
Á incerteza no emprego sumouse agora o impago das nóminas de novembro, cando é práctica habitual nesta compañía proceder ao abono no último día laboral do mes. Polas noticias aparecidas en medios, García xustifica a falta de pago na súa dimisión como CEO de Sargadelos polo que xa non tería poder para asinar as nóminas.
“Non podemos máis que amosar a nosa absoluta repulsa ante unha actitude tan retorcida e miserábel como a de dimitir sen autorizar o ingreso dos salarios, condenado o persoal a un impago premeditado e indefinido”, denuncia Neto, para quen, outra volta, o empresario utiliza as súas traballadoras e traballados como reféns na loita contra a autoridade laboral e na súa teimada resistencia á acatar a lexislación vixente.
Neste contexto, continúa o secretario da CIG de Lugo-A Mariña, cómpre unha solución definitiva que garanta a continuidade desta empresa, tendo en conta o que Sargadelos representa para o país e para a cultura galega, polo que reivindicou un plan de futuro viábel para a fábrica de Cervo, sen descartar a intervención da empresa por parte da Xunta de ser necesario para garantir o emprego, a actividade da factoría e a supervivencia do seu legado cultural.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



