Só en Galicia 80 empresas deste sector realizan exportacións ao país norteamericano, entre elas, grandes industrias como Cortizo, Axlabesa, Extrugasa ou Alcoa, a única industria de produción de aluminio primario que queda operando no noso país
Madrid, 2 de decembro de 2025. O Partido Popular defenderá este martes na Comisión de Industria do Senado unha moción pola que se insta ao Goberno a poñer en marcha medidas específicas de apoio aos sectores máis afectados polos aranceis, como é o caso da industria galega do aluminio.
A iniciativa xorde despois de “constatar o fracaso” do plan sobre aranceis posto en marcha polo Executivo de Pedro Sánchez o pasado mes de abril e convalidado polo Congreso en maio, “que se ten demostrado incapaz de reducir o impacto arancelario nos sectores exportadores”.
Para o senador José Manuel Balseiro o tempo acabou por darlle a razón ao PP que se desmarcou do Real Decreto aprobado polo Goberno e que propuxo outro alternativo, máis ambicioso e eficaz. Por iso a moción demanda a Sánchez que asuma o seu fracaso e rectifique o rumbo incorporando moitas das medidas propostas polo PP e similares ás impulsadas pola Xunta de Galicia, “cun acompañamento efectivo e real a estes sectores impactados polos aranceis”.
Así senador lucense defenderá a necesidade de crear liñas de financiamento e subvencións específicas, así como a promoción de acordos comerciais bilaterais con outros países, para compensar as caídas de exportacións aos Estados Unidos de América.
ALUMINIO GALEGO
En Galicia entorno a 80 empresas galegas do aluminio realizan exportacións ao país norteamericano, e soportan aranceis que poden chegar ata o 25%. Ao redor da industria do aluminio galego existe un amplo conxunto de pequenas e medianas empresas que dependen da produción e exportación deste material, desde provedores de materias primas ata empresas loxísticas. Tamén hai industria de maior tamaño como Cortizo, Axlabesa, Extrugasa ou Alcoa, a única industria de produción de aluminio primario que queda operando no noso país.
O senador lembra que o aluminio galego lanzou recentemente un S.O.S ante a falta de materia prima e o aumento de custes motivados polo impacto que os aranceis están a ter no mercado internacional e nas exportacións e importacións deste metal. O aluminio é unha materia prima considerada estratéxica para a nosa economía, xa que con el se fabrica multitude de bens e produtos presentes no noso día a día (construción, automoción, alimentación, depurado de auga, industria farmacéutica…)
Con todo, a iniciativa popular é moito máis ambiciosa e, aínda que exemplifica co impacto no sector do alumino galego, tamén pide medidas de apoio específico para outro tipo de industria ou sectores que se viron prexudicado pola decisión de Trump de impoñer aranceis aos produtos europeos. Así cita ao sector do viño e outros bens de consumo.
Balseiro remata salientando a curiosa coincidencia entre partidos da dereita populista e da esquerda radical, ambos contrarios ao libre comercio. “No seu día, organizacións tan antagónicas como Vox ou o BNG, acabaron por non mostrar o seu rexeitamento a medidas arancelarias tan negativas como as impulsadas polo actual presidente norteamericano”, conclúe.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



