Viveiro, 5 de decembro, 2025. O BNG de Viveiro súmase ás concentracións impulsadas polas familias do CEIP Plurilingüe de Covas, que cada venres, ás 09.00 horas da mañá, levan a cabo concentracións diante do centro baixo o lema de “Venres Negro” para denunciar a grave falta de recursos de apoio educativo. O obxectivo destas protestas é reclamar unha atención digna para o alumnado con necesidades específicas de apoio, especialmente nas áreas de Audición e Linguaxe (AL) e Pedagoxía Terapéutica (PT).
A portavoz municipal do BNG en Viveiro, Iria Cotelo, xunto co concelleiro nacionalista Juan Ramón Martínez e o deputado do BNG no Parlamento galego, Daniel Castro, mantiveron o pasado luns unha reunión con familias e representantes da ANPA do CEIP Plurilingüe de Covas, tras as reiteradas denuncias públicas sobre os recortes no profesorado de atención á diversidade.
O centro conta con 154 nenos e nenas matriculados, dos cales máis de 30 precisan atención especializada, unha porcentaxe moi elevada que vén arrastrando, curso tras curso, un progresivo deterioro nos recursos destinados ao apoio educativo. As familias e o profesorado coinciden en sinalar que, malia o esforzo constante do cadro docente, os medios actuais son claramente insuficientes para dar resposta ás necesidades reais do alumnado.
Desde o ámbito municipal, Iria Cotelo cualifica a situación de “totalmente insostible”, subliñando que “falamos dun centro cunha elevada concentración de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, con nenos e nenas en risco de exclusión social e cun alto índice de absentismo”. Nesta liña, denuncia que “lonxe de reforzar os recursos onde máis falta fan, a Consellería de Educación segue aplicando recortes”.
Pola súa banda, o deputado Daniel Castro lembra que “esta realidade é perfectamente coñecida polas administracións públicas” e cualifica como inaceptable “que se siga aplicando un catálogo xeral para asignar o persoal de apoio, baseándose unicamente no número total de alumnado, sen ter en conta a complexidade social e educativa de cada centro”.
Precisamente para dar unha resposta inmediata a esta problemática, Daniel Castro rexistrou o pasado 3 de decembro unha Proposición non de Lei no Parlamento Galego para instar á Xunta a reforzar de maneira urxente o CEIP de Covas cunha profesional de Audición e Linguaxe a tempo completo e outra de Pedagoxía Terapéutica a media xornada. Así mesmo, reclama unha resposta inmediata ás demandas das familias, dada a situación de emerxencia educativa que atravesa o centro.
No eido municipal, Iria Cotelo presentou tamén un rogo no pleno ordinario de decembro do pasado mércores, no que estiveron presentes familias e representantes da ANPA, para instar á actual alcaldesa de Viveiro a reunirse coas familias e co profesorado e a exercer de intermediaria ante a Xefatura Territorial de Educación, coa fin de acadar unha solución urxente e inmediata para o centro.
Desde o BNG queren tamén poñer en valor a constancia das familias, que cada venres manteñen as súas concentracións como símbolo da loita pola igualdade de oportunidades e polo dereito a unha educación pública de calidade, e anuncian que continuarán apoiando todas as iniciativas de mobilización ata que se dean solucións reais e efectivas.




















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



