Xove, 16 de decembro, 2025. A Concellaría de Cultura do Concello de Xove anuncia unha nova edición do seu tradicional Concerto de Nadal, unha cita xa consolidada dentro da programación cultural do municipio. O evento celebrarase o sábado 20 de decembro ás 18:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove.
Este ano, o concerto da Escola Municipal de Música e da Orquestra Clásica de Xove presentará unha proposta especialmente emotiva: a interpretación de seis temas do histórico disco Xente Cativa, gravado pola Escola nos seus inicios, no ano 1988.
Naquela época, as pezas non contaban con partituras escritas, polo que para esta ocasión empregarase a gravación orixinal en audio como fondo musical, recuperando así a esencia e o espírito dun proxecto pioneiro. A música, composta polo profesor asturiano Nacho Fonseca e interpretada en bable, constitúe unha valiosa mostra da memoria musical e cultural da escola.
A adaptación actual corre a cargo de Xan Carballal, e será interpretada por máis de trinta alumnos e alumnas da Escola Municipal de Música e por membros da Orquestra Clásica de Xove. O público poderá gozar dun programa variado, pensado para toda a familia, que combina a nostalxia das pezas orixinais co espírito do Nadal.
O concerto servirá tamén como antesala das celebracións previstas para 2026, ano no que se conmemorará o 40 aniversario da creación da Escola Municipal de Música de Xove e o 35 aniversario do curso de Semana Santa.
O Concello fai un chamamento especial a todas aquelas persoas que, alá por 1988, iniciaron a súa formación musical na Escola —cando os ensaios se realizaban no CEIP Pedro Caselles Rollán— para que se acheguen a compartir este reencontro. A intención é que poidan revivir e recoñecer a evolución dun proxecto que eles mesmos axudaron a iniciar a finais dos anos 80.
Desde o Concello de Xove sublíñase que este acto busca dinamizar a vida cultural do municipio, crear un espazo de encontro para veciños e visitantes e poñer en valor o talento local, a formación musical da mocidade e a participación cidadá na programación cultural.






















A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.



