O texto incorpora unha cláusula de revisión topada ao 4% e coa posibilidade de que as subas sexan compensadas ou absorbidas por outros conceptos retributivos
Lugo, 18 de decembro de 2025. A CIG non participa da sinatura do convenio estatal de industrias lácteas por entender que o texto final non recolle as demandas do persoal galego e non se avanza o suficiente en cuestións como a limitación do número máximo de domingos traballados, a exclusión do traballo en sábados da xornada flexíbel, a ampliación de permisos, non se garante o acceso á xubilación anticipada, non mellora o complemento de nocturnidade, e o incremento salarial resulta insuficiente, xa que a revisión salarial está topada e hai posibilidades dunha conxelación real ao permitirse a compensación e absorción doutros conceptos retributivos á hora de aplicar as subas.
A decisión de non avalar o convenio que hoxe se asinará (con vixencia 2025-2028) adoptouse tras consultar coa representación da CIG nas distintas empresas do sector, que entendeu que o texto final non dá reposta ás necesidades e demandas do persoal. Malia incorporarse pequenos avances como a redución da xornada ás 1746h/ano no último ano do convenio e de rebaixar de 120h a 90h anuais o tempo máximo para a distribución irregular da xornada.
Neste senso, a CIG considera que durante a negociación non se acadaron as demandas sociais relativas aos descansos e conciliación, ao non garantirse a exclusión do traballo nos sábados na distribución irregular da xornada, non se regula unha redución do número de domingos traballados nin se limita o número de domingos mensuais, que ademais non se compensan cunha contía superior. Ademais, o cálculo da nocturnidade queda ao arbitrio das empresas, ao non fixarse unha fórmula que evite interpretacións particulares.
Tampouco se melloran os permisos para a asistencia médica e o acompañamento de familiares menores e dependentes; non se garante o acceso á xubilación parcial das persoas traballadoras aínda que reúnan os requisitos para ter este dereito; non se garante unha redución da xornada prevista no convenio no caso de que se aprobe unha normativa neste camiño; e non se melloran tampouco as coberturas nos casos de incapacidade temporal.
No aspecto económico, o convenio asinado marca un incremento económico do 3% para 2025, e do 2,8% para os anos 2026, 2027 e 2028, cunha revisión salarial con efectos retroactivos no caso de que o IPC supere as subas, pero topada ao 4%. É dicir, non se garante o mantemento do poder adquisitivo dos salarios, xa que toda diferencia co IPC que supere o 4% non se cobrará nos atrasos.
A isto súmase “a obsesión das empresas” para formalizar unha ‘conxelación’ nos salarios do sector mediante o desenvolvemento dos artigos da compensación e absorción establecidos no convenio “que supoñen unha invitación á precariedade”.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



