A Mariña, 19 de decembro, 2025. A Confederación Nacional de Mujeres en Igualdad manifestou publicamente a súa solidariedade coas mulleres de Lugo, especialmente con aquelas que sufriron acoso sexual e tiveron que alzar a voz nun contexto de presión e silencio. A entidade reafirma o seu compromiso coa defensa da dignidade, seguridade e liberdade das mulleres, vivan onde vivan e sexa cal sexa o agresor.
As informacións sobre varias denuncias por presunto acoso sexual que afectan a un cargo orgánico do PSOE en Lugo xeraron unha profunda indignación social. A Confederación critica a resposta política insuficiente e a actitude dun partido que se autoproclama feminista mentres evita actuar cando os feitos resultan incómodos.
A organización subliña que non existe un feminismo de partido, senón persoas que demostran con feitos a súa coherencia. Considera decepcionante que o PSOE, que fai do feminismo unha bandeira, non estea á altura cando se precisan decisións valentes e responsabilidades políticas.
Declaracións principais
• Solidariedade coas mulleres afectadas de Lugo e con todas as vítimas de acoso sexual.
• Repulsa ante calquera conduta que atente contra a dignidade das mulleres.
• Denuncia da hipocrisía de quen emprega discursos feministas mentres tolera ou silencia comportamentos incompatibles coa igualdade.
• Exixencia de responsabilidades políticas tanto ao cargo sinalado como a quen, coñecendo os feitos, optou por non actuar.
A Confederación conclúe que as mulleres non precisan leccións de feminismo, senón respecto, protección e valentía política. A igualdade, afirman, non se proclama: demóstrase con feitos.





















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



