A pesar das numerosísimas ocasións do Burela, non lograron puntuar en Vista Alegre ante o Ceutí
Burela, 20 de decembro, 2025. Partido dominado polos mariñáns, sobre todo na segunda parte, con numerosas ocasións que non chegaron a entrar en portería rival durante 40 frustrantes minutos coa mala sorte que ás veces caracteriza ao deporte e que non por iso derrubará a un equipo que sabemos que volverá das vacacións co chip recargado.
Abre o partido con ocasión de Alberto que a recupera e dispara no minuto un, despexando co pé Mario Gómez e outra de Meira no 6 que detén o porteiro coas mans. Volve tentalo Alán nunha boa transición un minuto despois e sácaa Mario a córner. Presiona buscando o gol o Burela, sen deixar moitas opcións ao equipo visitante que a penas ten ocasións nestes primeiros minutos. Sácaa Charly do oco xunto ao pau nun saque de falta directo do Ceutí e volve sacala, esta vez João, tras o saque de banda no minuto 9. Volve sacar moi ben João nunha contra no minuto 11 e chega o 0-1, un gol de Moñino que remata un saque de banda. Un Burela con mala sorte continúa tentándoo con numerosísimas ocasións pero sen conseguir o empate, ata que chega o segundo de Moñino nunha contra no minuto 14 e que sentencia unha primeira parte que foi do equipo local.
Na segunda parte o cadro de David Rial logra achegarse no marcador no minuto 23, cun gol de Marquinho a pase de Pitero nunha situación de contraataque. Téntao Alán no 25 lanzando desde a banda pero rozando o pau e outra vez dous minutos despois rematando un pase de Charly, pero despexa o porteiro a córner. Falta perigosa para o Reyco Burela no 26 que tira Izan rasa e directa, pero sácaa Mario Gómez co pé e téntao Charly no 27 disparando ao primeiro pau unha deixada de costas de Marquinho. Lánzaa fóra Charly a porta baleira nunha nunha situación de saída de porteiro e recuperación no minuto 8, non logrando rematar Izan un balón do coruñés segundos despois. Volve Marquinho cun disparo afastado directo a portería que salva o porteiro do conxunto Ceutí e continúa presionando o Burela empeñado nun empate que parece non querer chegar. Tira á cruceta Pitero no 33 tras un xiro e disparo lateral e pide tempo morto Morenín. Sácaa Mario por arriba da portería no 35 nun disparo de Marquinho tras un saque de banda de Charly. Por fin chega o empate, un remate de cabeza do capitán burelense tras un balón ao pau de Marquinho, pero na primeira xogada do saque de centro, Álex García vaise pola banda escapando a Pitero e métea nun cara a cara con João. Sae Charly coa camiseta de porteiro-xogador buscando o empate con xogo de 5 pero outra vez o ex-burelista Álex García anota a portería baleira o 2-4. Continúan intentándoo con xogo de 5 con Charly e outra vez balón ao pau, de Izan, nun bo disparo raso desde os 10m e dispara fóra a 37 segundos do final continuando co xogo de 5. Sácaa Charly a 15 segundos coa elástica azul nunha contra do Ceutí na que será a última ocasión do partido.
Ficha Técnica Reyco Burela FS 2-4 UA Ceutí
Reyco Burela FS (2): João Silva; Pitero (C), Charly, Alberto, Izan -quinteto inicial-, Marquinho, Meira, Alán, Walter.
UA Ceutí (4): Mario Gómez; Nacho Torres, Álvaro, Álex Moñino, Gustabo Barbosa -quinteto inicial,- David Señoret, Álex García, Antón, Mario Carrión.
Goles: 0-1, min. 11: Moñino. 0-2, min. 14: Moñino. 1-2, min. 23: Marquinho. 2-2, min. 35: Pitero. 2-3, min. 36: Álex García. 2-4, min. 38: Álex García.
Árbitros: José Antonio Cañas Mañas // Rubén Miguel Velasco // Óscar Luis Gulín Piñeiro // María López López. Por parte do Reyco Burela veu a tarxeta amarela Izan (30’), Por parte do UA Ceutí, Álex García (19’) e Nacho Torres (39’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Vista Alegre de Burela.





















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



