O internacional estadounidense provén do SD Xove e xa adestrou co equipo burelense durante a primeira volta da tempada
Burela, 29 de decembro, 2025. Nicholas López Castro (Miami, Estados Unidos, 19/06/02) chegou a España con 3 anos, residiu en Madrid e posteriormente en Lugo; desde os 11 anos vive en Burela e formou parte das Escolas Deportivas laranxas. Provinte do SD Xove FS, o á internacional é xogador habitual da selección absoluta de EE.UU., pasando polo Praias de Barreiros na tempada 22/23, na que se marchou a Italia fichando por o Villacidrese C5 (Serie C1) e máis tarde por o Spes Poggio Fidoni (Serie B) e o Ciampino Futsal (Serie A) na 23/24. Volve a España na 24/25, tempada na que se incorpora ao SD Xove FS (2ªB).
O mozo de 23 anos súmase ao novo proxecto de Juanma Marrube, despois de adestrar en numerosas ocasións co plantel laranxa, ás ordes de David Rial, durante a primeira parte da tempada, co que xa puido experimentar os primeiros pasos da súa adaptación ao noso equipo, o cal valora de forma moi positiva: “David axudoume moito a adaptarme en todos os aspectos. Valóroo dunha maneira moi positiva e estou agradecido porque necesitaba agarrar o ritmo de adestramento do equipo, entrar na dinámica e coñecer un pouco aos xogadores”. O xogador, que se define como “moi comprometido, rápido e explosivo, con bo 1 contra 1 e boa visión de xogo”, móstrase contento por volver ao club que o viu medrar: “É o club do pobo onde me criei e a verdade é que sempre quixen volver defender estas cores”. Os seus obxectivos para esta tempada serán “competir ao máximo en cada partido, axudar ao equipo en todo o que poida e conseguir os obxectivos que nos propoñamos”.
O á mariñán envía unha mensaxe positiva á afección prometendo “traballo, sacrificio e dar o mellor de min en cada partido para superar as expectativas de todos”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



