Antonio Ameijide acusa ao BNG de manter un silencio cómplice: “Aínda non sabemos se Ana Pontón e Efrén Castro aceptarán os votos de Tomé e García Porto para manter a vicepresidencia da Deputación, pero nunha semana saberemos se priorizan ás mulleres e o feminismo ou os sillóns, os coches oficiais e pisar moqueta”
Lugo, 7 de xaneiro de 2026. “Ata que o asunto se fixo público non se puido actuar. Cando se fixo público o señor José Tomé abandonou os cargos orgánicos, abandonou a presidencia da Deputación e está suspendido de militancia no partido socialista”. Estas foron as declaracións de Pilar García Porto no pleno ordinario da Deputación do pasado 30 de decembro de 2025, nas que recoñeceu oficialmente que tiña coñecemento das denuncias por presunto acoso sexual de José Tomé contra varias mulleres e que “non fixeron nada e tentaron tapar o asunto”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, denuncia que “estas declaracións son motivo máis que suficiente para que nin José Tomé nin Pilar García Porto teñan voz e voto en ningunha decisión da Deputación de Lugo, xa que todos os acordos que se tomen, dende elixir novo presidente ata calquera convenio quedarán machados”.
De feito, Antonio Ameijide afirma que “de non transcender publicamente, José Tomé seguiría na presidencia da Deputación de Lugo, avalado polo PSOE e polo BNG”, unha situación que “pese a renunciar á presidencia do ente provincial, seguirá a manter na sombra, como se demostrou cando o PSOE lle reservou e cedeu a cadeira que historicamente ocupa o voceiro do PSOE na Deputación de Lugo”.
Ademais, en Monforte de Lemos o PSOE segue a avalar a José Tomé xa que “pese a que abandonou a militancia socialista, mantense na alcaldía avalado polos 9 edís socialistas restantes”.
SILENCIO CÓMPLICE DO BNG
O voceiro provincial popular insiste en que tanto Ana Pontón como Efrén Castro teñen que ser claros e dicir se, nunha semana, están dispostos a aceptar o voto dun supostos acosador sexual e da persoa que o sabía todo e o ocultou, simplemente para manterse na vicepresidencia da Deputación de Lugo. “Se non o aclaran antes, nunha semana saberase se Ana Pontón e Efrén Castro están do lado do feminismo e das mulleres ou do lado dos sillóns, os coches oficiais e de pisar moqueta”, sentenciou.





















Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



