Ribadeo, 7 de xaneiro, 2026. O grupo veciñal de Ribadeo volve alertar sobre a situación da Atención Primaria no municipio tras recoller varios casos ocorridos entre o 2 e o 5 de xaneiro. Segundo explican, tres persoas adultas solicitaron cita a través da web do Sergas e atopáronse con dúas respostas negativas —instándoas a acudir presencialmente ao centro— e unha terceira cunha cita asignada para o 23 de xaneiro.
Fontes sanitarias consultadas polo colectivo confirmaron que nesas datas só había dous médicos en consulta, previsión que se mantería nos días seguintes. Para o grupo, estes feitos “confirman unha situación que se arrastra desde hai anos e que se agrava coas xubilacións non substituídas”.
Un problema estrutural que non se resolve
O colectivo lembra que tanto a Xunta como o alcalde de Ribadeo teñen anunciado en repetidas ocasións que a situación melloraría tras as súas xestións coa Consellería de Sanidade, “promesas que non se cumpriron e que permiten que o deterioro continúe”.
Neste contexto, critican que o Pleno do Concello aprobara o 23 de decembro un novo trámite para ceder á Xunta uns terreos preto da estación de servizo do Xardín para construír un novo centro de saúde. Aseguran que a proposta “non aborda o problema real”, xa que “se fala de máis consultas e aparcamentos, pero non da falta de persoal sanitario”.
Tamén cuestionan a localización prevista, a un quilómetro do actual centro e “nunha zona con tráfico intenso”, o que consideran prexudicial para persoas maiores, familias e usuarias habituais.
“O atraso nas citas supera xa os vinte días”
O grupo denuncia que a maior parte das consultas do actual centro “carecen de persoal asistencial” e que os atrasos para unha primeira cita “superan os vinte días”. Afirman que esta situación se repite mes a mes e que “non se pode ocultar a incapacidade de dotar o servizo do persoal necesario”.
Datos sobre profesionais dispoñibles
Como argumento contra a idea de que “non hai médicos”, o colectivo cita datos do Ministerio de Sanidade: 17.553 profesionais presentáronse á última convocatoria MIR, o que interpretan como mostra de que existe persoal dispoñible. Engaden que moitos outros médicos están no estranxeiro ou en situacións laborais precarias e que “volverían a Galicia se houbese estabilidade e condicións dignas”.
Chamamento á cidadanía
O grupo conclúe facendo un chamamento á veciñanza de Ribadeo “a reaccionar ante unha situación que acabará afectando a toda a poboación” e insiste en que o problema sanitario do municipio “non é de edificios, senón de persoal”, algo ao que —afirma— nin a Xunta nin o alcalde dan resposta.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



