Burela, 10 de xaneiro, 2026. Debut de Juanma Marrube como adestrador do Burela na tempada 25/26, acompañado tamén polo estre debut de Nico, nun complicadísimo encontro ante o Móstoles, cuarto clasificado da táboa. O equipo mariñán mostrou orde, ideas novas e unha actitude competitiva nunha das pistas máis difíciles da categoría, quedándose moi preto de sumar un punto.
O partido comezou costa arriba para o Burela, que encaixou o 1-0 no minuto 3 nun disparo de Carlitos, que se foi de Charly pola banda e abriu cedo o marcador para os locais. Nos seguintes minutos o xogo mantívose igualado, con poucas ocasións claras, e o Móstoles estivo a piques de ampliar a vantaxe nunha transición finalizada por Charly que se marchou rozando o segundo pau.
O Burela respondeu con varios intentos de Charly, aínda que sen acerto, e no tramo final da primeira parte Alberto evitou o segundo gol local nunha acción moi perigosa na área mariñá, sacando o balón por riba da portería cando non había porteiro baixo paus. A mellor ocasión visitante chegou no minuto 16, cun disparo de Pitero ao segundo pau tras recibir de Charly, e no 18 Izan estrelou o balón no pau tras outro bo pase desde a banda. No minuto 20, unha contra conducida por Charly rematou coa primeira amarela do partido para Dani Santos, que cortou a xogada.
Xa na segunda parte, Alberto estivo a piques de empatar no minuto 2 nunha boa contra. No 25, outra chegada perigosa súa obrigou a Rafa Luque a intervir co peito, xerando unha contra que salvou João Silva case sobre a liña. O gardameta brasileiro volveu aparecer cun paradón a disparo de Palomares.
O Burela seguiu medrando e no ecuador da segunda metade Pitero tivo unha das ocasións máis claras tras unha recuperación e contra iniciada por Izan, que combinou con Alán. João volveu responder con seguridade ante unha chegada de Aarón Chamorro, e pouco despois Izan obrigou de novo a Rafa Luque a intervir. Charly rozou o pau e o porteiro local evitou o empate nunha gran xogada colectiva dos visitantes que rematou Pitero.
No minuto 36 o Burela continuaba buscando o empate cun xogo moi ordenado, sorprendendo por momentos a un rival, a priori, moi superior. Nos dous últimos minutos, Juanma Marrube apostou polo xogo de cinco con Nico como porteiro-xogador. O Móstoles estivo a piques de marcar a portería baleira, pero o balón marchou preto do pau. Finalmente, a 0,4 segundos do final, Armando anotou o 2-0 cun disparo a porta baleira que sentenciou un partido moi competido polos de Marrube.
Ficha Técnica MRB FS Móstoles 2-0 Reyco Burela FS
MRB FS Móstoles (2): Rafa Luque; Carlitos, Charly, Dani Santos (C), Suko -quinteto inicial,- Manu Diz, Palomares, Aarón Chamorro, Armando, Velasco
Reyco Burela FS (0): João Silva; Pitero (C), Charly, Izan, Nico -quinteto inicial-, Alberto, Starna (P), Alán.
Goles: 1-0, min. 3: Carlitos. 2-0, min. 40: Armando.
Árbitros: David Vela // Eugenio Quintero // Cristian Cubero // Alba María Villegas. Por parte do MRB FS Móstoles viron a tarxeta amarela Dani Santos (19’), Jiménez (30’), Palomares (37’), Armando (39’), Dani Sánchez (39’), Tino de la Cruz (39’). Por parte do Reyco Burela, Izan (27’), Pitero (39’), Alán (39’), João Silva (39’).
Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de Segunda División Masculina disputado no pavillón municipal Eva Manguán de Móstoles.











A representación terá lugar este sábado día 18, ás 19:30 horas, no local social da Asociación de Veciños de Marzán, un dos destinos habituais nas xiras anuais da compañía. O Centiño mantén así a tradición de visitar este espazo, onde agarda compartir co público unha tarde divertida e chea de humor. A agrupación teatral continúa así coa difusión da súa nova obra, que segue a percorrer diferentes escenarios da comarca.
Dezaoito locais hostaleiros de Ribadeo, Rinlo e Vilaframil ofrecerán diversas preparacións ata o vindeiro domingo: en escabeche, en salpicón, en empanada, ao allo, á prancha, en albóndega, etc… Todas as propostas poden consultarse nas redes sociais de Acisa Ribadeo, que agradece “unha vez máis o apoio da OPP do Porto de Burela, que nos doou 90 quilos de cabala para estas xornadas, produto que entregamos de xeito gratuíto aos locais participantes. Achegámoslles así unha parte do peixe que empregarán nesta nova cita gastronómica na que tamén colabora o Concello de Ribadeo”. Ata o porto, ao restaurante Marinero, se achegaron este mediodía o director territorial da Consellería de Mar, Alexandre Piñeiro, as concelleiras ribadenses Montse Seijo, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o xerente do colectivo empresarial, Jesús Pérez, e o técnico de Acisa, Jorge Fernández, que puideron degustar as elaboracións realizadas por este establecemento hostaleiro.
Durante a xornada Lionel compartirá a súa experiencia no mundo da escrita, dando a coñecer os seus procesos creativos e as temáticas que caracterizan os seus libros. O acto incluirá un coloquio participativo cos asistentes do club onde poderán preguntar e intercambiar opinións co autor sobre o libro lido “A raíña das velutinas”.
O sábado terá lugar no Casino o III Showcooking, con cociña en directo e maridaxe de viños. O público poderá votar os seus pinchos favoritos e participar no sorteo dunha noite no hotel Marqués de Riscal. A entrega de premios será o luns 20 ás 19:00 h. O Concello e Destino Navia animan a veciños e visitantes a gozar desta cita gastronómica.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 24 de abril na Casa do Concello (Cervo) ou na Casa da Cultura (San Cibrao). A actividade está dirixida a persoas pensionistas empadroadas no municipio. Trátase dunha xornada pensada para compartir, celebrar e desfrutar en comunidade.


