A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe á presentación do libro Os órganos de Lourenzá. Ecos do pasado, sons do futuro, que recolle unha pormenorizada investigación sobre a historia dos órganos da igrexa do Mosteiro de San Salvador
Lourenzá, 10 de xaneiro de 2026. A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou esta tarde na presentación do libro Os órganos de Lourenzá. Ecos do pasado, sons do futuro, que recolle unha pormenorizada investigación sobre a historia dos órganos da igrexa do Mosteiro de San Salvador, situada no concello lucense de Lourenzá. Gómez enxalzou a importancia do estudo recollido nesta publicación, impulsada polo Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda ao abeiro da medida Leader que se convoca dende o Goberno galego.
Este traballo é, tal e como sinalou a titular de Medio Rural, unha mostra do “riquísimo” patrimonio cultural galego que “debemos conservar”. Gómez afirmou que estes órganos demostran que o rural galego “resiste o paso do tempo” e confirman que estas contornas son espazos nos que poder construír un proxecto de vida e capaces de acoller iniciativas “tan ambiciosas e fermosas” coma esta. Por outra banda, reafirmou o compromiso da Administración por acompañar e apoiar este tipo de proxectos “que nacen do territorio e para o territorio”.
Os órganos do Mosteiro de San Salvador de Lourenzá constitúen un dos máis salientables conxuntos do patrimonio galego. Son dous documentos musicais especialmente destacados non só en Galicia, senón tamén a nivel peninsular, posto que son os únicos instrumentos de caixas xemelgas na comunidade que se conservan no seu estado orixinal.




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



