A galería ribadense Terra Branca convoca a duodécima edición do seu Concurso de Cartas de Amor
O propietario de Terra Branca, José Ramón Leal, explica que “comienza la cuenta atrás para San Valentín y en Terra Branca convocamos una nueva edición de nuestro Concurso de Cartas de Amor. Es ya una cita tradicional por estas fechas, que llega a su décimo segunda edición”.
Leal anima a participar: “queremos animar a participar en el concurso escribiendo una romántica, peculiar o divertida carta de amor. Puede ser de amor a tu pareja, amor a tu familia, a tus pasiones, a la vida, a tu tierra, etc… La obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las obras que no cumplan dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. No hay límite de cartas por participante y puede estar redactada en gallego o castellano”.
O xurado estará formado por Mariángel Leal (artista), Mari Carmen Vidal (lectora) e José Ramón Leal (director da Galería Terra Branca). O prazo de presentación de orixinais permanecerá aberto ata o 14 de febreiro. As persoas interesadas en participar poden enviar os seus escritos por correo postal a Terra Branca, Avenida de Galicia, 8-baixo, 27.700 Ribadeo, ou por correo electrónico a galeriaterrabranca@gmail.com. Tamén poden entregalos directamente na galería.
A carta premiada será lida en emisoras de radio locais e publicada nas redes sociais.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



