Ribadeo, 19 de xaneiro de 2026. Ribadeo con vida todo o ano é a estratexia coa que o Concello acudirá a Fitur 2026 esta semana.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “Ribadeo acude a Fitur baixo unha estratexia conxunta, unha estratexia como vila, como concello, pero evidentemente traballando conxuntamente coa Mancomunidade, coa Mariña, e tamén baixo unha estratexia conxunta con Galicia, entendendo que Ribadeo é esa capital do encontro entre Galicia e Asturias. E debemos saber aproveitar todas esas oportunidades que nos dá ser a porta de entrada a Galicia e ese espazo do entendemento entre Galicia e Asturias”.
O rexedor manifestou: “Ribadeo con vida todo ano. É unha mensaxe clara que ten este Concello porque evidentemente Ribadeo leva traballando anos para que haxa vida todo ano, que haxa actividade todo ano e tamén entendendo que hai que trazar unha estratexia conxunta con todos os actores económicos da vila”.
Vega subliñou que “Ribadeo ten historia, comercio, patrimonio, ese patrimonio arquitectónico que ten unha profunda pegada indiana e, desde logo entendendo que debemos aproveitar todos os recursos. O Forte de San Damian é outro punto clave baixo a estratexia turística de Ribadeo. Un legado histórico que nos foi regalado e debemos conservar, como tamén todo o noso casco histórico, que seguimos investindo nel, neste caso en vivenda para menores de 36 anos preferentemente, é dicir traendo familias mozas, creando vida e creando proxectos de futuro”.
E engadiu: “tamén o patrimonio que debemos conservar, como dixen, ese patrimonio con esa pegada profunda indiana e tamén a celebración do décimo aniversario como patrimonio da humanidade do Camiño Norte. E evidentemente a nosa capela sixtina, a capela da Nosa Señora das Virtudes, que debemos tamén traballar conxuntamente baixo ese guión que ten a Xunta de Galicia do Camiño Norte. O Camiño Norte é unha oportunidade e este Concello está sabendo aproveitar todos os recursos. A promoción que estamos a realizar a través de festivais, actividades musicais, culturais… o Camiño Norte tamén debemos aproveitalo. E nós estamos coa Xunta de Galicia para seguir aproveitando os recursos do Camiño e entendendo que o patrimonio da humanidade é un recurso moi importante para nós”.
O alcalde seguiu a relatar: “todos os espazos, o patrimonio natural, como Lexoso, todo o entorno da costa, as praias que acabábamos tamén de renovar, o Cargadeiro, o miradoiro de Santa Cruz, que tamén pasou de estar abandonado a ter vida constante e continuamente e evidentemente a nosa icona, o noso emblema, que é a praia das Catedrais, que desde 1999 está facendo unha estratexia de turismo, un imán para que veñan os nosos visitantes tanto de Galicia, España, estranxeiros que acoden a Ribadeo a través dese nome, desa figura, dese espazo natural que é As Catedrais”.
Dani Vega lembrou que “en 1999 fíxose o primeiro cartel turístico da praia das Catedrais, de Ribadeo e acudiu por primeira vez a Fitur. Baixo ese recordo, baixou esa estratexia e profundamente agradecidos a todos os gobernos que traballaron para que todo fora mellor, baixo unha estratexia conxunta como comarca, como Galicia, e evidentemente traballando para que os nosos recursos foran expostos nos puntos claves do turismo nacional e internacional. Temos que aproveitar o porto deportivo, a ría de Ribadeo, todos os recursos que nos dan, todo isto en conxunto, Ribadeo con vida todo ano é a estratexia que leva a Ribadeo este ano a Fitur”.
Ata Fitur viaxarán o alcalde, Dani Vega, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, e concelleiro de Medio Ambiente, Diego Dos Santos. Formará tamén parte da delegación ribadense desprazada a Madrid o xerente de Acisa, Jesús Pérez.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



