Burela, 19 de xaneiro, 2026. Lara Rodríguez Eguiluz, Lari (El Astillero, Cantabria, 14/11/2007), convértese na segunda incorporación de inverno do equipo feminino do Burela FS que dirixe a técnica ferrolana Belén Feal. O club busca reforzos para afrontar o tramo decisivo da tempada e manter a categoría. A xogadora cántabra xa se incorporou aos adestramentos e debutará en Primeira División Iberdrola FS co conxunto laranxa.
Procedente do Save Family Mioño, equipo de Segunda División no que milita desde a campaña 2023/2024, Lari formouse no fútbol sala desde a categoría benxamín. Comezou no Nuestra Señora de la Merced e, arredor dos 12-13 anos, incorporouse ao CDE Muslera, onde completou o resto da súa etapa de base ata dar o salto ao Mioño.
A nova xogadora do Reyco Burela explica que o principal motivo para aceptar a oferta foi “seguir crecendo deportivamente”. Defínese como unha futbolista “rápida, con visión de xogo, ambidiestra e capaz de actuar en calquera posición”. Para esta tempada marca dous obxectivos claros: “conseguir a permanencia e desfrutar do momento”. Á afección envíalle unha mensaxe directa: “Confianza, apoio e paciencia, así se conseguirán os obxectivos”.
A súa presentación oficial celebrouse no pavillón Vista Alegre de Burela, acompañada polo directivo do club Juan López, da Clínica Maas Saúde de Foz.





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


