Este fracaso non é un feito illado, senón a consecuencia directa de anos de inacción. “Segue sen desenvolverse o Plan Xeral, non se desenvolveron as bolsas de solo reservadas para vivenda públuca, non se impulsou ningún plan de reforma interior na zona antiga e tampouco se aproveitan as propiedades e vivendas municipais que poderían destinarse a alugueiro social” enumera Castiñeira
Foz, 19 de xaneiro de 2026. O voceiro municipal do Partido Popular de Foz, Javier Castiñeira, denuncia un novo fracaso do alcalde, nesta ocasión na xestión da vivenda pública, “un dos problemas máis graves que ten hoxe Foz, cun acceso cada vez máis difícil e prezos disparados, mentres o goberno local non fai absolutamente nada”.
Castiñeira lamenta enterarse polos medios de comunicación de que o solar de Vialmar, situado diante da Casa da Cultura e propiedade do Sareb, foi adquirido por unha empresa privada, perdéndose así unha oportunidade histórica para destinalo a vivenda pública. “É un solar que o alcalde tiña no punto de mira, pero que se lle escapou diante das narices por non facer ningunha xestión”, critica.
O voceiro popular lembra que a corporación municipal xa tiña, desde hai anos, unha planificación clara sobre ese solar e que se lle pediu expresamente ao alcalde que realizase xestións para conseguir a súa cesión gratuíta ao Concello, algo perfectamente viable tratándose dun organismo estatal. “Mentres Pedro Sánchez fala continuamente de promover vivenda pública, o seu Sareb prefire facer caixa, e o alcalde de Foz nin sequera foi capaz de defender os intereses dos veciños”, sinala.
Para o PP resulta incomprensible que Cajoto optase por intentar competir coas empresas privadas do sector, en lugar de liderar unha negociación institucional seria, como fixeron outros concellos que si lograron acordos co Sareb. “O resultado é o de sempre: anuncios, titulares e ningunha realidade”, engade Castiñeira.
Dende o PP de Foz subliñan que este fracaso non é un feito illado, senón a consecuencia directa de anos de inacción. “Segue sen desenvolverse o Plan Xeral, non se desenvolveron as bolsas de solo reservadas para vivenda pública, non se impulsou ningún plan de reforma interior na zona antiga e tampouco se aproveitan as propiedades e vivendas municipais que poderían destinarse a alugueiro social”, enumera o voceiro.
Ademais, lembra que a Xunta de Galicia ofrece axudas de ata 4.000 euros por vivenda para fomentar o alugueiro social, “unha oportunidade que o alcalde tampouco foi capaz de aproveitar”. “Nun tema crucial para o futuro das familias focenses, Cajoto non fixo absolutamente nada”, insiste.
Para Javier Castiñeira, a perda do solar de Vialmar é “un exemplo máis da falta de iniciativa, de xestión e de peso político dun alcalde que prefire o enfrontamento coa Xunta antes que traballar coas administracións para traer solucións reais a Foz”.
“Perdeuse unha oportunidade moi grande para o futuro do noso concello, e o responsable ten nome e apelidos: o goberno local socialista de Cajoto”, conclúe o voceiro municipal do PP de Foz.









A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



