O deputado mariñao Daniel García Fernández defenderá no vindeiro pleno unha moción en defensa do sector da baixura
A Mariña, 21 de xaneiro 2026. O Regulamento de Control da Pesca da Unión Europea, identificado como Regulamento (UE) 2023/2842, e que foi aprobado definitivamente o 22 de novembro de 2023 e entrou en vigor o 9 de xaneiro de 2024, aplicándose de maneira progresiva desde esa data é unha normativa que foi fortemente cuestionada polo sector pesqueiro galego, especialmente pola frota artesanal, ao non ter en conta as características específicas deste tipo de pesca.
“Precisamos un tratamento diferenciado para a frota artesanal galega”
A frota artesanal galega e especialmente a flota artesanal da Mariña, desde O Vicedo ata Ribadeo leva anos demandando un tratamento diferenciado, atendendo á singularidade da súa actividade, ao seu carácter respectuoso co medio mariño e á súa importancia económica, social e territorial nas vilas costeiras, onde contribúe de maneira decisiva á fixación de poboación, á xeración de emprego e á dinamización económica local.
Rexeitamento por parte do sector – Reclamacións do BNG en todas as institucións, Deputación e concellos
O rexeitamento do sector materializouse en numerosas mobilizacións e protestas, así como no consenso acadado no Parlamento Galego, onde se aprobaron por unanimidade distintas iniciativas, entre elas varias a proposta do Grupo Parlamentario do BNG, reclamando unha adaptación desta normativa á realidade da frota de baixura. “O pasado luns 19 o sector pesqueiro mariñao mobilizouse en contra dun regulamento inxusto, un regulamento con esixencias que os pescadores non poden asumir, que incrementa a carga burocrática, eleva os custos, crea problemas en materia de seguridade e condea a moitos profesionais do mar ao abandono da actividade. Ese é o sentir do sector, tal como nos manifestaron o pasado luns nas concentracións nas portos mariñaos ás que asistimos os representantes do BNG, e polo tanto insistiremos en todas as institucións e na Deputación e nos concellos tamén en que as súas demandas, que o BNG xa tén formulado no Parlamento Galego e no Parlamento Europeo, sexan escoitadas e tidas en conta, e esas demandas concrétanse na exclusión da pesca artesanal do Regulamento de Control Pesqueiro da UE” afirmou o deputado mariñao Daniel García.


















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



