O popular quere poñer en valor “as enormes potencialidades” que ten a provincia, dende A Mariña á Ribeira Sacra, pasando pola Terra Chá ou a Montaña, “polo que hai que traballar durante todo o ano para atraer turistas”
Lugo, 23 de xaneiro de 2026. “PSOE e BNG seguen demostrando unha absoluta falta de interese polo turismo como motor estratéxico de desenvolvemento da provincia”. Así de contundente se amosou o voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, tras ver a presentación que realizaron tanto socialistas como nacionalistas da provincia de Lugo en Fitur 2026.
Antonio Ameijide explica que esa reflexión se fundamenta en que “tanto para PSOE como para BNG a súa preocupación polo turismo redúcese a acudir tres días a Fitur, cun vídeo promocional e unha presentación duns 12 minutos, unha actuación claramente insuficiente para unha provincia con enormes potencialidades turísticas que levan case dúas décadas abandonado”.
O popular sinala que “o turismo non pode limitarse a unha acción puntual unha vez ao ano” xa que a provincia de Lugo “ten moitísimas potencialidades que cómpre fomentar cun traballo constante e planificación todo o ano”.
“Un traballo que non é só de promoción, senón que tamén hai que coidar estradas e as infraestruturas, manter espazos naturais e zonas verdes, garantir boas comunicacións e proxectar unha imaxe sólida e continua da provincia no exterior”, denunciou.
PSOE E BNG NON FIXERON NADA, SO TEÑEN O QUE HERDARON
Antonio Ameijide tamén destacou que “resulta chamativo que todos os recursos turísticos que se utilizan para promocionar a provincia foron creados durante gobernos do Partido Popular na Deputación”. Entre eses recursos están a Ribeira Sacra, os embarcadoiros fluviais, a potenciación da Mariña con paseos, accesos ás praias e melloras nas comunicacións, ou espazos verdes emblemáticos como o Paseo do Rato ou o Paseo do Miño. Incluso as Reservas da Biosfera, que agora se presentan en Fitur como reclamo.
Pola contra, tras case vinte anos de gobernos de PSOE e BNG, non se puxo en marcha ningún proxecto relevante, “o único que fixeron foi abandonar o sector”, poñendo como exemplo o complexo turístico de Augas Mestas, en Quiroga, pechado por falta de vontade política, malia ser unha instalación pioneira e hoxe plenamente vixente.
Antonio Ameijide destacou “o gran traballo” que están a facer dende a Xunta de Galicia, os concellos e o sector privado na promoción da provincia. “O sector privado, os concellos e a Xunta están a facer un esforzo enorme. A hostalaría inviste, mellora servizos e trata ao visitante con profesionalidade; os concellos traballan para atraer visitantes, e a Xunta segue a potenciar o Camiño de Santiago, mentres a Deputación de Lugo permanece ausente”, explicou.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



